21 agosto 2013

XA SIN AQUALIA COMO DISCULPA, O GOBERNO DE CALVELO DILAPIDA OS FONDOS MUNICIPAIS PROCEDENDO A ENCHER O DEPÓSITO DE PASTORIZA POR TERCEIRA VEZ NO VERÁN, SEN TOMAR MEDIDAS PARA MINIMIZAR CONSUMOS




Dende o Grupo Municipal Socialista estamos profundamente preocupados polas actitudes de despilfarro que se están a vivir no noso concello co grupo de goberno do señor Calvelo e neste caso coa auga e a súa xestión. Os nosos dirixentes intentaron ocultar detrás de acusacións improbadas de boicot dalgúns traballadores de AUGARSA a súa ineptitude no continuo vaciado do depósito de Pastoriza, procedendo a carrexar auga con camións cisterna cunha factura millonaria que terán que pagar tódolos nosos veciños, e resulta que este fin de semana procedeuse a encher por terceira vez dito depósito cando AUGARSA xa non xestiona o servizo e éste depende única e exclusivamente do concello e dos 42.000 euros que lle pagamos ao concelleiro de obras e servizos.
 
Esta situación non é nova e xa na época do goberno de Pose se procedía a facer estes transportes de auga que lle saen carísimos ao noso concello e que se correxiron no anterior mandato, procedendo a efectuar un uso responsable da auga e minimizando consumos en riegos, duchas públicas,… ademais de pedirlle aos veciños que foran responsables no consumo da auga. Coa chegada do señor Calvelo, puxéronse fin a estas sanas costumes e incrementouse dun xeito importante os consumos en riegos, limpezas,… , ademais de non pedir un uso responsable deste ben esencial e limitado como é a auga.
 
Ata o momento trataron de agochar a súa irresponsabilidade en posibles boicots de algúns traballadores de AUGARSA que segundo as súas opinións estaban procedendo a vaciar o depósito intencionadamente e resulta que o primeiro fin de semana tralo remate da xestión de AUGARSA, xa temos que proceder a encher o depósito de Pastoriza por terceira vez no verán con camións cisterna, deixando claro que a única responsabilidade deste gasto é dos señores do PP e o seu uso irresponsable dos fondos públicos. Dende o noso grupo comezamos a preguntarnos se alguén estará interesado en favorecer a alguén con este gasto millonario que sae do bolsillo de tódolos cidadáns.



Dende o Grupo Municipal Socialista voltaremos a preguntar no pleno porque se baleirou outra vez o depósito de Pastoriza, por que non se están a tomar medidas de aforro no consumo de auga, por que non se utiliza outro tipo de auga como a do embalse de Sabón para a limpeza dos solos, cantos cartos lle custará aos noso cidadáns a ineptitude dos nosos dirixentes na xestión da auga con tres enchidos no que vai de verán do depósito de Pastoriza.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.