31 octubre 2013

MOCIÓN POR UN FUTURO DE ARTEIXO INDEPENDENTE




Ó PLENO DO CONCELLO DE ARTEIXO


            Martín Seco García na súa condición de voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo, comparece e como mellor en dereito proceda DI:

            Que o abeiro do disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de Xullo, Lei de Administración Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de Abril, Lei de modificación da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e outras medidas, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:


MOCIÓN

           
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Ante a existencia de continuas declaracións aos medios de comunicación de representantes doutras administracións do noso entorno que avogan por unha fusión entre os concellos de A Coruña e Arteixo, dende o Grupo Municipal Socialista queremos rematar coas continuas insinuacións recibidas por axentes externos ao noso concello e facer pública deixar clara e publicamente a posición unánime desta corporación por un futuro de Arteixo independente e poñer en valor a pertenza a un Concello saneado economicamente, con xente moza e emprendedora, rico no cultural, no medioambiental, no turístico e no industrial e cun futuro prometedor se é xestionado con sentido común e pensando no futuro dos nosos veciños e o seu benestar.

A maiores, dende o noso grupo apostamos pola inaprazable posta en funcionamento de novos mecanismos de colaboración co resto dos concellos da nosa comarca, entre eles a cidade de A Coruña, para que dita colaboración redunde no benestar dos nosos veciños coa posta en común de servizos como o transporte público, formación, auga, saneamento, infraestruturas, cultura, servizos sociais,…. E cremos que o resto dos grupos da corporación tamén.


Por todo o anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,


            ACORDO:


A Corporación do Concello de Arteixo, comprométese a celebrar, na maior brevidade posible, unha Xunta de Voceiros para consensuar unha declaración institucional, na que se reafirme o noso compromiso público cun futuro de independencia para Arteixo e pola posta en funcionamento de mecanismos de colaboración co resto dos concellos da  comarca que redunden no benestar dos nosos cidadáns.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.