30 octubre 2013

MARTÍN SECO (VOCEIRO DO PSdeG-PSOE DE ARTEIXO) : “Mañá no Pleno Ordinario do Concello, ofrecereille ao Partido Popular de Arteixo e ao resto dos Partidos da Corporación de Arteixo, a eleboración dunha declaración institucional que deixe meridianamente claro, o compromiso coa nosa veciñanza por un Arteixo independente e coa posta en funcionamento de novos mecanismos de colaboración na comarca, co fin de avanzar no benestar dos nosos cidadáns”



Ante as declaracións realizadas por Diego Calvo, Presidente da Deputación de A Coruña e Mar Barcón, Voceira do Grupo Municipal Socialista de A Coruña nas que avogaban por unha fusión entre os Concellos de A Coruña e Arteixo, como Secretario Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Arteixo quero mostrar o noso máis profundo desacordo con estas declaracións e facer pública a nosa intención e o noso compromiso para que Arteixo siga sendo un concello independente e cun futuro propio,pensado por e para os veciños do noso concello.

Dende a nosa agrupación local, poñemos en valor a pertenza a un concello saneado economicamente, a un concello con xente moza e emprendedora, a un concello rico no medioambiental, no turístico e no industrial e cun futuro prometedor se é xestionado con sentido común e pensando no futuro dos nosos veciños e o seu
benestar. A maiores, dende o noso grupo apostamos pola inaprazable posta en funcionamento de novos mecanismos de colaboración co resto dos concellos da nosa comarca, entre eles a cidade de A Coruña, para que dita colaboración redunde no benestar dos nosos veciños coa posta en común de servizos como o transporte público, formación, auga, saneamento, infraestruturas, cultura, servizos sociais,….

Facemos un chamamento aos nosos veciños, para que non se deixen levar por cantos de sirena que sexan prexudiciais para o seu futuro e poñan en valor a pertenza e o orgullo de ser cidadáns de Arteixo. 

Por outra banda levaremos mañá unha moción de urxencia para que sexa convocada unha Xunta de Voceiros que elabore unha declaración institucional de tódolos partidos políticos da nosa corporación no que se reafirme o noso compromiso público cun futuro de independencia para Arteixo e pola posta en funcionamento de mecanismos de colaboración co resto dos concellos da comarca que redunden no benestar dos nosos cidadáns.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.