05 noviembre 2013

Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O goberno local debería informar aos cidadáns do que está a pasar co servizo público de Taxis e os seus teléfonos e de cómo se está dar o servizo de transporte adaptado”



Dende fai uns días, as paradas de taxi do núcleo de Arteixo e Vilarodís non teñen en funcionamento o teléfono que utilizaban os cidadáns para solicitar os seus servizos, dende o concello de Arteixo e o seu máximo dirixente o señor Calvelo, que é o membro do grupo de goberno que mantén as relacións cos empresarios de dito servizo, non se ten informado de nada a cidadanía sobre a problemática que impide que se poida comunicar cos taxistas e solicitar os seus servizos o que sen dúbida ocasiona moitos problemas a aqueles que necesitan do seu uso, en moitos casos anciáns e xente con problemas de mobilidade.

Por outra banda dende o grupo de goberno deberían de dar explicacións sen demora, de cómo se está a dar o servizo de transporte adaptado, se existe algún contrato con este colectivo, se estivo en vigor dende que comezaron a dar este servizo,  se prestan dito servizo todolos integrantes deste colectivo, se non son todos porque se exclúe a algúns, se esta exclusión é legal, se existen favoritismos entre unha emisora e outra, se o alcalde está a presionar aos taxistas para decirlles a que emisora deben pertencer ou se deben ser unha soa ou varias.


Dende o Grupo Municipal Socialista estamos moi preocupados pola deriva que está tomando o noso alcalde con dito servizo e esperamos que o alcalde convoque unha Xunta de Voceiros para dar explicacións sobre o anteriormente citado, posto que sería de extrema gravidade que dende o goberno local se estivese interferindo no desenrolo empresarial das dúas emisoras existentes no noso concello, se estivesen establecendo favoritismos sobre unha ou outra, ou o que é peor, se estivese presionando aos integrantes de ditas emisoras para unificar as súas empresas con ameazas sobre o servizo público.



No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.