16 noviembre 2013

Resumen Rolda de Prensa do PSdeG-PSOE de Arteixo polos problemas coa auga en Arteixo


ANTE AS CONTINUAS ACUSACIÓNS POR PARTE DO PP DE QUE O NOSO GRUPO FAI DE VOCEIRO DA PARTE PRIVADA DA EMPRESA AUGARSA, É NECESARIO RECORDAR, QUE FOI ESTE PARTIDO POLÍTICO O QUE COMEZOU A TOMAR DECISIÓNS PARA DARLLE SOLUCIÓN A UN PROBLEMA XENERADO POLO PARTIDO POPULAR DE ARTEIXO EN SOLITARIO E CO VOTO EN CONTRA DO NOSO PARTIDO, CANDO PUXO EN FUNCIONAMENTO ESTA EMPRESA MIXTA CUNHA ADXUDICACIÓN QUE RESULTABA A TODAS LUCES IMPOSIBLE DE CUMPLIR E QUE ACABOU POR SER UN VERDADEIRO DOR DE CABEZA PARA OS NOSOS CIDADÁNS. POR OUTRO LADO, É EVIDENTE QUE O COMPORTAMENTO DESTE GRUPO POLÍTICO CO GRUPO DE GOBERNO É INTACHABLE, POLO QUE RESULTA ESPECIALMENTE FERINTE TER QUE ESCOITAR COMO O GRUPO DE GOBERNO DO SEÑOR CALVELO, QUE OCULTOU INFORMACIÓN A TODA A OPOSICIÓN ATA O DERRADEIRO MINUTO DE CADA TOMA DE DECISIÓNS, ACUSE AO NOSO PARTIDO DE EXERCER DE VOCEIRO DA PARTE PRIVADA CANDO ACTUAMOS SEMPRE COA MÁXIMA LEALTADE AO GOBERNO MUNICIPAL, AGORA BEN, DITA LEALTADE NON PODE SER ENTENDIDA COMO UN CONTRATO EN BLANCO QUE IMPIDA QUE O NOSO PARTIDO CRITIQUE A XESTIÓN DO SEVIZO DE AUGA QUE FAI O SEÑOR CALVELO, DE AHÍ NACEN OS PROBLEMAS, DA INCAPACIDADE DE ASUMIR AS CRÍTICAS NUNHA XESTIÓN COMPLETAMENTE ERRÁTICA POR PARTE DESTE GRUPO.


DENDE O NOSO GRUPO ENTENDEMOS QUE O SERVIZO DE AUGAS DENDE A CHEGADA DO SEÑOR CALVELO A ALCALDIA DE ARTEIXO SUFRIU UN EMPEORAMENTO BRUTAL, E QUERO RECORDAR QUE O SERVIZO ESTIVO INTERVIDO POLO CONCELLO DENDE XA FAI PRÁCTICAMENTE UN ANO, CON CONTINUOS PROBLEMAS NA AUGA QUE RECIBEN OS NOSOS VECIÑOS QUE RESULTA NA MAIORÍA DOS DÍAS INUTILIZABLE PARA HIXIENE PERSOAL E MOITO MENOS PARA CONSUMO, SON CONTINUOS OS PROBLEMAS DE PRESIÓN EN CERTAS ZONAS DO NOSO CONCELLO E A PRESENCIA DE LODO NA AUGA FAISE CADA VEZ MÁIS COMÚN NAS NOSAS VIVENDAS.

DENDE O NOSO GRUPO SOLICITAMOS AO GRUPO DE GOBERNO DO PP, TEÑAN A SENSIBILIDADE DE LEVAR A CABO AS OBRAS NECESARIAS PARA SOLUCIONAR COA MAIOR BREVIDADE POSIBLE OS PROBLEMAS QUE SUFRIMOS OS VECIÑOS DE ARTEIXO COA AUGA, PARA O CAL ESPEREMOS QUE SE LEVEN A CABO AS OBRAS NECESARIAS NESTE EXERCICIO PRESUPUESTARIO QUE PRONTO IMOS A COMEZAR, DENDE O NOSO GRUPO SOLICITAMOS QUE O GRUPO DE GOBERNO NO TOCANTE AS INVERSIÓNS, PRIORICE NESTE PRESUPOSTO E NOS PRÓXIMOS NA REALIZACIÓN DE OBRAS QUE GARANTICEN OS SERVIZOS BÁSICOS PARA TÓDOLOS VECIÑOS E QUE FAGAN DA AUGA DA TRAÍDA UNHA AUGA SALUBRE, LIMPA E CON PRESIÓN PARA TÓDOLOS VECIÑOS DO NOSO CONCELLO E QUE TAMÉN SE COMPLETE O SANEAMENTO EN TODAS AQUELAS PARROQUIAS QUE NON TEÑEN A POSIBILIDADE DE TER ESTE SERVIZO NA ACTUALIDADE.

POR OUTRA BANDA QUEREMOS FACER DUAS CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES EN RELACIÓN CON ESTE SERVIZO, EN PRIMEIRO LUGAR PEDIRLLE AO SEÑOR CALVELO QUE DUNHA VEZ POR TODAS ABANDONE O COMPORTAMENTO INFANTIL QUE LEVA DEMOSTRADO CON ESTE SERVIZO E QUE DEIXE DE ALARMAR UNHA SEMANA SI E OUTRA TAMÉN AOS NOSOS VECIÑOS CON SABOTAXES IMAXINARIOS QUE FAN QUE SE VACIEN OS DEPÓSITOS PARA LOGO VER QUE SE VACÍAN IGUAL CANDO O SUPUESTO SABOTEADOR DEIXA DE TRABALLAR PARA O SERVIZO, CON AVARÍAS IRREPARABLES QUE VAN A DEIXAR A POBOACIÓN SEN AUGA DURANTE DÍAS PARA SER SOLUCIONADAS DESPOIS DE CATRO HORAS, CON DEPÓSITOS QUE SE VACIAN CANDO CONSEGUIMOS O RECORD MUNDIAL DA BÚSQUEDA DE FUGAS COMO PUBLICAMOS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN, E POR ÚLTIMO XUSTIFICAR OS PROBLEMAS NESTE SERVIZO, ACUSANDO AOS VECIÑOS DE CONSUMIR AUGA FRAUDULENTAMENTE E COA COMPLICIDADE DE ANTIGA EMPRESA MIXTA, O QUE RESULTA CÓMICO POSTO QUE O RESPONSABLE DE LEVAR A CABO AS INSPECCIÓNS DESTA EMPRESA É O FILLO DO ACTUAL TENIENTE DE ALCALDE DO NOSO CONCELLO, POLO QUE DEBERÍAN DE FALAR MÁIS ENTRE O SEÑOR AMADO E O SEÑOR NOVO DE CÓMO SE FAI O CONTROL DOS CONSUMOS DA AUGA SE TODAVÍA TEÑEN ALGÚN CAUCE DE COMUNICACIÓN ENTRE ÁMBOLOS DOUS.

NECESITAMOS UN GOBERNO QUE SOLUCIONE OS PROBLEMAS DOS VECIÑOS, QUE NON VEXA FANTASMAS EN CALQUEIRA QUE LLE LEVE A CONTRARIA E QUE TRATE DE FACER QUE A POBOACIÓN VIVA NA MAIOR PAZ POSIBLE SEN A NECESIDADE DE QUE AS ANSIAS DE TITULARES DUN MAL GOBERNANTE INTERRUMPAN A VIDA DOS NOSOS ADMINISTRADOS.

EN SEGUNDO LUGAR, DENDE O NOSO GRUPO VIMOS DENUNCIANDO DURANTE TÓDOLOS MESES DE VERÁN QUE O GRUPO DE GOBERNO DO PARTIDO POPULAR, DERROCHABA A AUGA DOS NOSOS DEPÓSITOS EN RIEGOS, EN BALDEOS DE LIMPEZA E OUTROS CONSUMOS, MENTRES TÍÑAMOS QUE CONTRATAR CISTERNAS DE AUGA PARA MANTER O NIVEL DE AUGA DOS NOSOS DEPÓSITOS A UN PRECIO INASUMIBLE PARA OS NOSOS CIDADÁNS, O QUE ESTÁ MERIDIANAMENTE CLARO E QUE O TRANSPORTE DE AUGA EN CISTERNAS CARA PASTORIZA ERA UN SISTEMA UTILIZADO POLO SEÑOR POSE BAIXO O SEU MANDATO, LOGO DURANTE CATRO ANOS DE GOBERNO DE PILAR SOUTO, DEIXOUSE DE UTILIZAR E PARA ELO TIVÉRONSE QUE TOMAR MEDIDAS DE CONTROL DO CONSUMO EN RIEGOS, LIMPEZA, DUCHAS, ETC… PARA INTENTAR SALVAGARDAR OS INTERESES DOS PETOS DE TÓDOLOS VECIÑOS E AGORA NO GOBERNO DO SEÑOR CALVELO ESTANSE TIRANDO CARTOS A MOREAS EN DITO TRANSPORTE SEN QUE SE TOME NINGÚN TIPO DE MEDIDA DE CONTROL DO CONSUMO PARA EVITAR DITO GASTO E POR OUTRA BANDA SE LLE SOMETE A TÓDOLOS CIDADÁNS DE ARTEIXO A UNHA SUBIDA DE CASE O 3% NAS FACTURAS DA AUGA E O SANEAMENTO CUN CONCELLO CON MÁIS DE 3500 PARADOS. COS DATOS QUE MANEXA O NOSO GRUPO, ATA O MES DE SETEMBRO O CONCELLO RECIBIU UNS 37.500 M3 DE AUGA EN CISTERNAS CUN COSTE DE PRETO DE 470.000 EUROS O QUE SUPON UN PREZO DE APROXIMADAMENTE 12,5 EUROS POR METRO CÚBICO DE AUGA RECIBIDA EN CISTERNAS, POLO TANTO, SE O CONCELLO ADMITE QUE O CONSUMO DE AUGA DE RIEGOS MUNICIPAIS DO NOSO CONCELLO É DUNS 100 M3 DIARIOS, QUE DENDE O NOSO GRUPO ESTIMAMOS QUE ESTA CIFRA DEBE DE SER MAIOR, SUPON QUE ESTIVEMOS GASTANDO TÓDOLOS DÍAS MÁIS DE 1250 EUROS EN AUGA PARA RIEGOS, E POR OUTRA BANDA LLE ESTAMOS A PEDIR AOS NOSOS CIDADÁNS QUE NA SITUACIÓN DE CRISE ACTUAL SE APRETEN MÁIS O CINTURON E PAGUEN UN 3% MÁIS NA TRAÍDA E NO SANEAMENTO.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.