27 noviembre 2013

Rogo do PSOE pedindo mellor regulación viaria no Campo da Festa para os estudantes do CEIP Arteixo e CEIP Ponte dos Brozos e o troco de lugar para o establecemento dos CIRCOS e infraestructuras similares


      
           Ao inicio do curso 2012-2013, este grupo denunciou a inseguridade viaria que existía nas entradas e saídas dos/as nenos/as aos Colexios CEIP Arteixo e ao CEIP Ponte dos Brozos, no espazo que vai dende a explanada das festas ata o aparcamento do GADIS con múltiples situacións de perigo que facían necesaria a intervención do goberno municipal e a presenza da Policia Municipal ao igual que existe na Avd Arsenio Iglesias para dirixir o tráfico e o aparcamento en dita explanada. O Grupo de Goberno fixo caso omiso das nosas reivindicacións.

          No inicio do curso 2013-2014, esas mesmas reivindicacións fóronlles feitas por un grupo de pais preocupados pola circulación viaria nese punto e foi entonces cando o concelleiro de seguridade tomou a decisión de poñer unhas vallas e pechar ao tráfico o tramo de vía que vai polo fronte da entrada do CEIP Arteixo, ademais de establecer a presenza policial en dito punto como nós pedíamos no 2012-2013.


            Dende o punto de vista do noso grupo político e compartindo o sentir dos pais e nais que levan aos seus fillos aos colexios CEIP Arteixo e CEIP Ponte dos Brozos,  cremos que mentres non se levan a cabo as obras de reforma do campo da festa son insuficientes as medidas e que se debería de pechar permanentemente o paso de coches polo tramo fronte a entrada do CEIP Arteixo que actualmente se pecha en horarios de entrada e saída e facilitar outro lugar como pode ser o campo de area onde se sitúan hoxe en día as atraccións das festas ou as pistas de atletismo da Avd Arsenio Iglesias para que se sitúen os “CIRCOS” e outro tipo de infraestructuras que deixan durante moitas semanas do curso escolar aos pais e nais sen espazo para aparcar e dan lugar a situacións de total inseguridade viaria para aqueles que circulan entre a Avd Finisterre e a Avd Arsenio Iglesias pola falla de dito aparcamento e a acumulación de vehículos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.