28 noviembre 2013

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA TIVO QUE ABANDONAR O PLENO POR NON PODER INTERVIR POR ALUSIÓNS PERSOAIS GRAVES TANTO CANDO FOI PEDIDO POR ESE MOTIVO, COMO NO INICIO DO SEGUINTE PUNTO DA ORDE DO DÍA QUE O ALCALDE IMPEDIU DITA INTERVENCIÓN.

O Grupo Municipal Socialista tivo que abandonar a sesión plenaria cando o PP negoulle a posibilidade de intervir por alusións persoais cara o noso voceiro e posteriormente no seguinte punto da orde do día onde intentou ata en tres ocasións defender o seu honor e poñer de manifesto a utilización política dun erro topográfico nunha acta dun Pleno do Concello de Setembro de 2012.

            O luns celebrouse a Comisión Informativa de Asuntos do Pleno e a señorita Riveiro “Voceira do PP”, acusou ao Voceiro do PSdeG-PSOE de presentar por urxencia unha moción no mes de Setembro de 2012 onde se incluía unha proposta de Regulamento Orgánico Municipal, información que o PSdeG-PSOE desmentiu por inexistente e foi increpado pola señorita Riveiro que acusou de mentir ao voceiro socialista coa seguinte frase: “En mi casa me enseñaron que las mentiras tienen las patitas muy cortas y usted está mintiendo” ensinando unha certificación do pleno de Setembro de 2012 dese punto da orde do día.

            Cando o Voceiro Socialista examinou a acta do Pleno de Setembro de 2012, visualizou o erro de transcrición que no 1º Asunto de Urxencia de dito Pleno, que versaba sobre unha proposta para poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal e que titulaba sobre a posta en funcionamento dun Regulamento Orgánico Municipal. Algo que lle foi posto de manifesto á Secretaria Municipal por parte do noso partido e que asumiu o erro como propio pedindo as desculpas oportunas e lle foi comunicado a señorita Riveiro, que non foi capaz de pedir desculpas ao noso voceiro aínda que se atoparon pola casa consistorial durante as seguintes datas. (Ao final adxunto a acta errónea)


            O colmo é que hoxe, a señorita Riveiro, no lugar de pedir desculpas polas acusacións que fixo do noso voceiro seguiu na súa estratexia de enlodar o escenario político mantendo como veraz a certificación errónea, motivo polo que o noso voceiro intentou intervir por alusións sen éxito e tamén no inicio do seguinte punto da orde do día, sendo interrompido ata en tres ocasión polo señor Calvelo, que lle negou a posibilidade de expresala súa opinión e fixo imposible a nosa continuidade no pleno.




No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.