18 diciembre 2013

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo destina o custe da vindeira comida de maiores á colaborar con CÁRITAS e dese xeito coa xente máis necesitada





O Grupo Municipal Socialista anuncia que non asistirá á comida de maiores que ten un custe de 28,60 euros por persoa. Non entendemos como nestos tempos de grave crise que vive o noso municipio con máis de 3400 parados e con moitas familias ao borde da exclusión social se pode permitir o señor Calvelo o luxo de facer un derroche destas características nuha comida lúdica.

En días posteriores a ver como o Partido Popular se negaba a aprobar un paquete de medidas que presentaba a Esquerda Plural apoiada por toda a oposición para facer fronte a pobreza enerxética e que miles de cidadáns non se lles corte o suministro enerxético por impago e garantizar unha tregua aquelas persoas que peor o están a pasar coa crise, que o problema dos desafiuzamentos sigue sendo grave e cando os servizos sociais do noso concello non dan abasto e están completamente desbordados pola situación sen que se poñan medidas para facelos máis áxiles e dilixentes, o señor Calvelo e o seu grupo de goberno, dilapidan o presuposto e un remanente de preto de 20 millóns de euros en media lexislatura en gastos completamente innecesarios e nalgún caso inmorais na situación de pobreza que estamos a vivir.

Gastos en cada vez máis soldos astronómicos como o da concelleira de Economía e o de Obras, en maior número de persoal de libre designación, en proxectos, en contratacións externas, en obras innecesarias e extrañas gratificacións a só algúns traballadores municipais mentres o gasto social mengua e as necesidades cada día son maiores.

Dende o noso grupo queremos anunciar que destinaremos o custe de dita comida a participar na Campaña de Nadal de CARITAS e que seguiremos a pedir que a prioridade par a on oso concello sexa nos cidadáns e os seus problemas.





No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.