17 enero 2014

“Pedímoslle aos responsables do concello que axeiten o paso dos vehículos pola explanada das festas e que o alcalde negocie coa á dirección do CEIP Arteixo a apertura da porta de acceso pola zona lindante co pavillón e que agora está habilitada como aparcamento”


O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicítalle ao Grupo de Goberno do Partido Popular que adecente a zona de paso dos vehículos pola explanada das festas cara o aparcamento do hipermecado que actualmente está inaccesible polas obras que se están realizando en dita explanada e que se podería solucionar pedíndolle a a empresa encargada da obra que manteña o firme en bo estado coa reposición e pisado de nova zahorra que posibilite o tráfico dun xeito normal.

Por outra banda e despois de que o Concello habilitara unha nova zona de aparcamento polo extremo do CEIP Arteixo que linda co pavillón municipal, dende o Grupo Municipal Socialista esixímoslle ao señor Alcalde que negocie coa dirección de dito centro educativo a apertura da porta que está situada neste extremo para que os pais poidan acceder sen dificultade dende esa zona de aparcamento e se facilite polo tanto un tráfico fluído durante dita obra.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.