10 enero 2014

“Os veciños de Meicende están preocupados polo incremento de delincuencia e menudeo de droga que teñen que soportar no Campo da Cega, nas inmediacións do Colexio San Xosé Obreiro”



Todos escoitamos ao señor Calvelo e os seus compañeiros do partido Popular en Meicende asegurar que cando eles chegaran ao goberno, solucionarían o problema de convivencia que existe neste barrio, facendo que aqueles que se dedicaran ao tráfico de drogas e a delincuencia abandonaran o noso Concello.

Cada día podemos observar como o Concelleiro de Seguridade aparece nos medios de comunicación facendo gala da súa grande xestión contra a delincuencia, cando a realidade dos nosos cidadáns é outra completamente diferente, o incremento do número de roubos e a inseguridade cidadá é moito maior que a que existía antes de chegar o novo goberno local do PP como todos podemos observar.

No pleno ordinario do mes pasado denunciamos o incremento do número de roubos na zona dos colexios públicos do casco urbán de Arteixo, poñendo de manifesto o sucedido no día anterior ao pleno nun vehículo dun veciño que se achegou a facer deporte ao Pabellón do Ponte dos Brozos, información que foi negada polo Concelleiro de Seguridade ante a incredulidade do propio afectado que non daba crédito cando leu tal desfachatez nos medios de comunicación.

Onte, os veciños de Meicende alertaron ao noso grupo do incremento de delincuencia e de menudeo de droga que teñen que soportar nas inmediacións do Colexio San Xosé Obreiro de Meicende, no chamado Parque do Campo da Cega na Travesía de Meirás, e facíano coa preocupación de que alí se atopa un parque infantil onde os nosos nenos acuden a xogar e teñen que convivir con certo tipo de personaxes nada aconsellables para os nosos pequenos.

Dende o noso Grupo puxémosllo de manifesto a Policia Local para que se tomen as medidas oportunas para evitar que esta zona de xogo se convirta nun mercado da droga e que a vixilancia policial faga que este tipo de personaxes abandonen esta zona do núcleo de Meicende.
  

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos fartos de ler as múltiples roldas de prensa para facernos crer aos veciños de Arteixo que o tema da delincuencia e o trapicheo de droga nos barrios do norte do Concello está controlado, pero a realidade é que segundo as informacións que nos chegan polos veciños destes barrios a situación está peor que nunca e o ambiente de inseguridade que están a vivir os nosos veciños é insoportable. O señor Calvelo debe saber que o único irresponsable que trata de tapar a problemática sen facer nada por solucionar esta situación e él, que foi quen incendiou con mentiras a convivencia no noso Concello para chegar á alcaldía, para logo non facer absolutamente nada por solucionalo 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.