28 enero 2014

Preguntas do Grupo Municipal Socialista de Arteixo sobre os gastos do Concello en propiedades privadas ligadas a Igrexa Católica



De todas e todos é coñecida a situación económica da xente do noso país e tamén dos cidadáns do noso concello, onde a situación de crise, está sendo se cabe, máis problemática que nos concellos do noso ámbito, cunha taxa de desemprego moito maior que nos concellos máis próximos. Son coñecidas as medidas do PP en materia de Estabilidade Presupostaria e de limitación do gasto que se fai especialmente inxusta cos traballadores da nosa administración local que se atopa saneada ou a serie de recortes en servizos sociais, educación e sanidade aos que nos están sometendo dende os gobernos da Xunta de Galicia e da Administración Estatal, e ante esta baixada de capacidade adquisitiva e de recortes brutais de dereitos, atopámonos cunha cada vez maior carga impositiva sobre as clases medias e baixas que está a converter en pobres a un elevadísimo número de cidadáns do noso concello.

Unha vez coñecida a situación na que se atopan os nosos cidadáns, o goberno do noso concello dedícase a malgastar os impostos da nosa empobrecida veciñanza, despilfarrando os cartos en amañar por terceira vez en cinco anos o campo da festa, amañar a Praza do Balneario, alugar a prezos desorbitados Centros Sociais sen actividade, pagar centos de miles de euros en proxectos e direccións de obras, etc....

Ao Grupo Municipal Socialista lle chama a atención o continuo gasto que o PP está a facer nas propiedades privadas e en concreto as que teñen que ver coas propiedades da Igrexia, a derradeira actuación que tivemos a sorte de visualizar no noso concello, son a apertura da Capela do Pazo de Atín e o arranxo dos seu entorno.

Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

  • ¿Cales son as inversións que o Concello de Arteixo leva realizado en propiedades da Igrexia Católica nesta lexislatura?, ¿Que cantidade se leva invertida en propiedades desta institución?


  • ¿ Realizou algunha inversión o Concello de Arteixo nas obras que se realizaron no Pazo de Atín o no seu entorno?, se foi así, ¿Cal é a contraprestación que recibe o concello de Arteixo pola inversión en terreo privado, firmou algún convenio cos propietarios de dito Pazo?.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.