29 enero 2014

Preguntas pola contratación dun novo Coordenador no Concello de Arteixo por 63.000 euros anuais


Nestas derradeiras datas, o Grupo Municipal Socialista veu como o Partido Popular aprobaba por resolución a contratación dun novo Coordinador, enmarcado dentro dunha praza creada “en situación de dubidosa legalidade” como Director Coordinador de Servizos Xerais que se enmarca no Grupo A1 e no nivel 30, é dicir, que vai cobrar dos nosos impostos máis de 63.000 euros.

Os diferentes gobernos do Partido Popular  está aplicando unha agresiva política de austeridade e de recortes aos cidadáns do noso concello, quitándolles servizos sanitarios, educativos ou de asistencia social ademais de estarlles facendo pagar polos medicamentos ou servizos que antes cubría as diferentes administracións, esto unido a unha taxa de desemprego moito maior que nos concellos máis próximos, fai que a situación sexa extremadamente grave no noso concello. Son coñecidas as medidas do PP en materia de Estabilidade Presupuestaria e de limitación do gasto que puxo en marcha o goberno de Mariano Rajoy e que se ceban especialmente cos traballadores da nosa administración local que se atopa saneada pero mentres a navalla da austeridade actúa sobre ditos traballadores e sobre a sociedade en xeral, o goberno do señor Calvelo pon en marcha unha administración paralela onde se contratan aos seus amigos e se reparten unha xugosa cantidade de cartos en dedicacións exclusivas e persoal de confianza.

Dende a chegada do PP do señor Calvelo, medraron exponencialmente os gasto en persoal a dedo e en dedicacións exclusivas, neste derradeiro presuposto denunciamos a creación dunha nova dedicación exclusiva dun concelleiro que nos costa  case que 56.000 euros anuais e dunha nova praza de persoal de confianza como responsable de prensa por máis de 43.000 euros, e todo despois de escoitarlle prometer ao señor Calvelo que non tería máis dedicacións exclusivas que o goberno anterior. Coa contratación deste novo Coordinador, o gasto rondará o medio millón de euros e dicir, case que se duplicou en comparación co goberno anterior e todo isto na situación de crise actual.

  Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:


¿Cal é o motivo desta nova contratación e deste novo gasto para o noso concello?, ¿Ten que ver dita contratación con desenrolo do novo Plan Xeral?, ¿Non ten o Concello contratado por unha cuantiosa cantidade un equipo multidisciplinar para o desenrolo de dito documento?, ¿Por que non se están a utilizar aos técnicos que ten o Concello, secretaria, a nosa avogada, a xurista de urbanismo ou a de Administración Xeral para as necesidades nese ámbito sen someter aos nosos cidadáns a este novo gasto?, ¿Onde teñen o límite de gasto en persoal de confianza e nas dedicacións exclusivas?

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.