27 febrero 2014

CALVELO, o caso POKEMON e o PLAN XERAL



Arteixo e o caso Pokemon from EL NOTICIERO DE ARTEIXO on Vimeo.

O PARTIDO SOCIALISTA DE ARTEIXO MOSTRA A PREOCUPACIÓN POLA GRAVEDADE DO ESCOITADO E LEIDO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOBRE O CASO POKEMON E A SUA CONEXIÓN CO CONCELLO DE ARTEIXO.

INFORMACIÓNS QUE AFECTAN A TRES ÁMBITOS DE GOBERNO:

1.   POR UN LADO PON EN DÚBIDA O SISTEMA DE CONTRATACIÓN QUE UTLIZA ESTE GOBERNO LOCAL, SISTEMA POSTO EN CUESTIÓN POR PARTE DESTE E DOUTROS GRUPOS DURANTE TODA A LEXISLATURA: CUESTIÓNS COMO O FRACIONAMENTO DO CONTRATO DE ASFALTADOS PARA LOGO INVITAR SEMPRE AS TRES MESMAS EMPRESAS QUE CONSIGUEN A ADXUDICACIÓN POLO PRAZO DAS OBRAS QUE LOGO NON CUMPREN, APARICIÓNS DE CONTACTOS ENTRE EMPRESAS PERANTE O PERIODO DE CONTRATACIÓN COMO NO CASO DO PROXECTO DA PISCINA MUNICIPAL, APARICIÓN DE EMPRESAS VINCULADAS ENTRE SI NALGUNHAS INVITACIÓNS QUE SE FAN POLO SISTEMA DE NEGOCIADO, ETC... FAN QUE O GRUPO SOCIALISTA ESTÉ SUMAMENTE PREOCUPADO PORQUE SUPOSTAMENTE APAREZAN CONVERSACIÓNS ENTRE JOSE MARIA TUTOR E  ALCALDÍA NAS CALES SE LLE MOSTRE A POSIBILIDADE A VENDEX DE OFERTAR O MÁXIMO DO IMPORTE DO CONCURSO QUE O ALCALDE XA FALARÁ CO INTERVENTOR.

2.   POR OUTRA BANDA PON EN DÚBIDA O SISTEMA DE ELABORACIÓN DO PLAN XERAL QUE ANTES DENUNCIÁBAMOS, XA QUE SE SON CERTAS AS INFORMACIÓNS APARECIDAS NOS MEDIOS, CON CONTACTOS ENTRE TUTOR E O GOBERNO LOCAL PARA AMAÑAR OS PROBLEMAS DAS SÚAS PROPIEDADES, AMOSANOS QUE É CERTO QUE O GOBERNO DO SEÑOR CALVELO ESTÁ CONSTRUÍNDO UN PLAN XERAL BAIXO CERTOS INTERESES ECONÓMICOS E PERSOAIS E NON ESTÁ A ELABORAR UN PLAN XERAL QUE TRATE A TÓDOLOS CIDADÁNS DE IGUAL XEITO.

3.   E EN TERCEIRO LUGAR, PON EN DÚBIDA O SISTEMA DE CONTRATACIÓN DAS EMPRESAS CONCESIONARIAS  DO NOSO CONCELLO, DEIXANDO EN EVIDENCIA O DENUNCIADO POR ESTE GRUPO EN CASOS COMO O DO POSTO DE ORIENTADORA LABORAL QUE SE AMAÑA PARA UNHA PRIMA DO ALCALDE, A DENUNCIA CONTINUA DESTE GRUPO AOS SISTEMAS DE ELECCIÓN DOS INTEGRANTES DOS CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL E DAS ESCOLAS TALLER, PLAGADOS DE XENTES LIGADAS AO PARTIDO POPULAR E QUE ACCEDEN A ESTES POSTOS POLA VALORACIÓN AMOSADA NAS ENTREVISTAS PERSOAIS, O SISTEMA MÁIS SUBXETIVO E TRAMPOSO QUE EXISTE, SE SON CERTAS CERTAS INFORMACIÓNS QUE FALAN DE CONTRATACIÓNS MASIVAS EN LISTAS ENTREGADAS POLO PARTIDO POPULAR A VENDEX CO NOMES DAS PERSOAS A CONTRATAR, NON ESTARÍAMOS A FALAR DUN ASUNTO DE CARIDADE OU NECESIDADE, COMO DECÍA O CONCELLEIRO FLORES DA CORUÑA, ESTARÍAMOS A FALAR DE CLIENTELISMO EN FAVOR DOS AMIGOS E FAMILIARES DOS INTEGRANTES DO PARTIDO POPULAR.

DENDE O GRUPO SOCIALISTA BOTAMOS DE MENOS QUE O GRUPO DE GOBERNO DESPOIS DE TERSE PUBLICADO ESTAS INFORMACIÓNS, NON TEÑA CHAMADO AO RESTO DOS GRUPOS DA CORPORACIÓN PARA DARLLE EXPLICACIÓNS SOBRE ESTE CASO, E DENDE LOGO SE NON TIVERA NADA QUE OCULTAR O SEÑOR CALVELO SE HOUBERA POSTO DE INMEDIATO A DISPOSICIÓN DA CORPORACIÓN PARA LEVAR A CABO UNHA COMPARECENCIA PÚBLICA ONDE PUIDERA RESPOSTAR AS PREGUNTAS DA OPOSICIÓN.

DE MOMENTO ESTE GRUPO VAI A PREGUNTAR NO PLENO UNHA SERIE DE CUESTIÓNS, ESPERANDO QUE O SEÑOR ALCALDE E OS SEUS COMPAÑEIROS DEN EXPLICACIÓNS SOBRE O SUCEDIDO CON ESTA EMPRESA E UNHA VEZ COÑECIDA A POSICIÓN DESTE GRUPO ESTUDIAREMOS AS ACCIÓNS A LEVAR A CABO QUE PUIDERAN TER COMO RESULTADO A SOLICITUDE DE DIMISIÓN DOS IMPLICADOS.

PREGUNTAS ESCRITAS AO GOBERNO LOCAL

·        ¿Cal é a relación do Grupo de Goberno con Grupo VENDEX?,
·        ¿Por qué se pon en contacto o grupo de goberno do PP co grupo VENDEX durante o período de contratación de posibles servizos desta empresa ao noso concello?,
·        ¿É certo que o señor Calvelo ofrécelle a Jose María Tutor amañar co interventor a oferta polo maior prezo posible da contratación da Escola Infantil?,
·        ¿Cales son os contactos do Grupo de Goberno co señor Patiño (ex-concelleiro do PP arteixán e traballador de VENDEX)?,
·        ¿Que tipo de relación manteñen os concelleiros do PP de Arteixo co señor Ángel Espadas de Santiago?,
·        ¿Mediou o señor Calvelo ou algún outro concelleiro na contratación de novo persoal para a empresa VENDEX en Arteixo?,
·        ¿Falou alguén do grupo de goberno do PP sobre a situación urbanística das propiedades de Jose Mª Tutor no concello de Arteixo?,
·        ¿Recibiron vostedes regalos do Grupo VENDEX na súa condición de concelleiros de Arteixo?.  


SITUACIÓN DO PLAN XERAL ORDENACIÓN MUNICIPAL                                                                                                                                                  

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos visualizando nas derradeiras datas nos medios de comunicación as insidias do Grupo de Goberno do PP en relación co desenrolo do Plan Xeral de Ordenación Municipal que debería de estar aprobado definitivamente neste mes de Xuño polo cronograma existente.
A elaboración do Plan Xeral corre a cargo dunha UTE de Empresas, que deben desenrolar o plan segundo o contrato asinado a tal efecto, incluíndo a cartografía necesaria para elo. Non son os políticos os que desenrolan o plan, senon os que dan os criterios de elaboración deste, sustentabilidade, respecto polo medio ambiente, zonas verdes, ETC.... Xa que do contrario estaríamos a falar de que se encargan de defender intereses persoais duns ou doutros veciños.
No proceso electoral, Carlos Calvelo, hoxe alcalde de Arteixo, comprometeuse diante dos medios de comunicación e dos asistentes a un debate electoral a ter aprobado o novo Plan Xeral de Arteixo nesta lexislatura se gozaba da maioría absoluta para facelo e ademais comprometía o seu futuro a elo, dicindo que non se merecería ser alcalde de Arteixo se non tivera feito este traballo e que polo tanto non se volvería a presentar ás seguintes eleccións. 
En Abril de 2011, a entonces alcaldesa de Arteixo Pilar Souto fixo un requerimento a UTE de empresas encargadas do desenrolo do Plan Xeral “Arnaiz-Tinsa”, para que antes do mes de Xuño de 2011, onde o cronograma establecía que se debía de facer a aprobación inicial os servizos técnicos do Concello puideran estudar o documento e valoralo.
No mes de Maio de 2011, o Departamento de Urbanismo recepcionou os documentos do Plan Xeral que entregaba a UTE de empresas, como figura nos documentos recepcionados polo servizo de urbanismo.
Despois o concello trocou de goberno e as primeiras declaracións do novo concelleiro de urbanismo, o señor Castro, foron que se quedara gratamente sorprendido do desenrolo de dito plan. A partir de ese momento o oscurantismo sobre o desenrolo do plan xeral é a tónica existente, xa que dende a oposición descoñecemos o estado de dito plan xa que dende o goberno, ao contrario do que sucedía co anterior goberno, non convoca nin tan sequera informa do estado de dito plan aos concelleiros da oposición.
Estamos observando como se están a trocar e desenrolar numerosas unidades de actuación do noso concello con modificacións puntuais das normas subsidiarias e polo contrario o plan xeral está estancado como se só interesase favorecer os intereses duns poucos e non de todos, véxase co troco de uso dunha soa parcela do polígono industrial.

       Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlle AO GRUPO DE GOBERNO:

·        ¿Como está o desenrolo do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Arteixo?¿Ten o concello o documento entregado pola empresa concesionaria para valoración e posterior aprobación inicial?, ¿Qué traballo se fixo sobre ese documento?, ¿Enviouse aos servizos técnicos de urbanismo a valorar?, ¿Cal foi dita valoración e onde está recollida?, ¿Pensa o grupo de goberno ter o documento para aprobación definitiva en Xuño de 2014 como marca o cronograma?, ¿Por que modifica só determinadas unidades de actuación e non desenrola o Plan Xeral para todos?¿Pensa o señor Alcalde ter rematado o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal nesta lexislatura? e se non é así, ¿Cumplirá a súa palabra e deixara de presentarse as vindeiras eleccións municipais?

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.