20 febrero 2014

O goberno do concello de Arteixo presume dunha mellora na inspección das fugas de auga e unha redución no consumo enerxético e atopámonos cunha fuga, a caño aberto, na toma das duchas de Valcobo dende o fin de semana do día 2 de Febreiro e temos que soportar que zonas de Meicende, Pastoriza ou do Alto de Arteixo se atopen continuamente sen iluminación pública


O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicítalle ao Grupo de Goberno do Partido Popular que deixe de mentir aos nosos cidadáns cando luce continuamente unha suposta mellora nos sistemas de inspección das  fugas de auga existentes no noso concello e explique como a toma de aguda das duchas da praia de Valcobo está vertendo auga en continuo como demostra a foto sacada no día de onte, e isto sucede dende o fin de semana do 2 de Febreiro que apareceu rota.

         Por outra banda, tamén temos que soportar os continuos anuncios nos medios de comunicación, onde se pon de manifesto o aforro enexético do noso concello e mentres tanto en parroquias como Pastoriza, Meicende ou o Alto de Arteixo teñen que soportar o apagado continuo do seu alumeado público sen atopar máis resposta por parte do concello que ante as continuas avarías e caídas da tensións, decidiron apagalo. Se esta é o xeito de aforrar luz dende o concello, poderían pensar en controladores de fluxo, lámpadas de baixo consumo ou apagados de zonas nas que non se necesite a luz nos meses de inverno, antes que deixar a certos veciños sen un servizo tan importante como e o alumeado público.

1 comentario :

  1. que lle cobren como a min, 1700€ por unha fuga.

    ResponderEliminar

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.