01 mayo 2014

Charla "A reforma das pensións do Partido Popular" con Luis Baneira e moción do PSdeG-PSOE de Arteixo sobre este tema para o pleno de Maio



Onte tivemos unha excepcional charla con Luis Baneira da FSP do sindicato UGT sobre a reforma das pensións do PP, unha reforma que supón un duro mazazo para o poder adquisitivo dos pensionistas e un futuro moi negro para os futuros pensionistas deste país, que dificilmente poderán acceder a unha pensión digna cun sistema que lles dificulta cada vez máis chegar a cotizar o esencial se non conseguimos voltar ao sistema do Pacto de Toledo, un pacto no que estaban tódolos grandes partidos políticos e axentes sociais deste país.


Ademais demostrounos a gran mentira da dereita do Partido Popular cando dí que o sistema de pensións estaba a punto de quebrar e polo tanto se facía completamente necesario trocalo, algo que únicamente se pode entender pola continua colaboración do PP cos plans de pensións privados que pretenden facer das nosas pensións un negocio para os seus bolsillos.



Esta é a moción que presentaremos neste mes de maio, pedindo a volta ao sistema antigo do Pacto de Toledo e o rexeitamento deste novo sistema que traerá unha pérdida importante de poder adquisitivo nos nosos pensionistas:

MOCIÓN PARA INSTAR O GOBERNO DE ESPAÑA A REGRESAR AO PACTO DE TOLEDO E REXEITAR A REFORMA IMPOSTA NA LEI 23/2013 REGULADORA DO FACTOR DE SUSTENTABILIDADE E DO INDICE DE REVALORIZACIÓN DO SISTEMA DE PENSIÓNS DA SEGURIDADE SOCIAL.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Pleno expresa o seu máis profundo desacordo coa decisión do Goberno de suprimir de forma unilateral a fórmula de revalorización de pensións públicas que até agora se aplicaba no noso país, impondo unha nova fórmula sen dialogar previamente co resto de partidos políticos, organizacións empresariais e sindicais, e rompendo así o procedemento establecido no Pacto de Toledo para acometer calquera reforma profunda no sistema de Seguridade Social sobre a base previa do diálogo e o acordo amplo.

A nova fórmula para calcular a revalorización de pensións instaurada a partir da Lei 23/2013 non garante o mantemento do poder adquisitivo das pensións. De feito esta nova fórmula suporá unha perda de poder adquisitivo das pensións de entre un 14% e até un 26% durante os próximos 15 anos.

A revalorización das pensións para 2014, limitada a un 0,25%, vén consolidar unha perda de poder adquisitivo que comezou a xerarse coa decisión de 2012 de non actualizar as pensións.

Entre 2012 e 2013 as pensións xa consolidaron unha perda de poder adquisitivo, de modo que os incrementos realizados nas contías non foron suficientes como para compensar a evolución da inflación. Así, nestes anos as pensións inferiores a 1.000 euros, (que son o 66% do total) perderon un 0,1% e as pensións superiores a 1.000 euros (o 33% do total) perderon un 1,1%.

Sumado a todo o anterior, o incremento aprobado para 2014 suporá unha perda adicional de poder adquisitivo de polo menos 1,25% para todas as pensións sen distinción de contías, se temos en conta que o incremento foi de tan só o 0,25% e a previsión de inflación do propio Goberno é do 1,5%.

A perda de poder adquisitivo das pensións supón o empobrecemento especialmente dos que teñen, xa de seu, unha pensión baixa, lembremos que o 54% das pensións teñen unha contía inferior ao Salario Mínimo Interprofesional e unha limitación grave da calidade de vida da maioría de fogares que teñen nun xubilado, preto do 27% do total, a principal ou única fonte de ingresos. E, adicionalmente,  a perda de poder adquisitivo das pensións afecta gravemente ao mantemento do emprego e a actividade económica, xa que estas rendas teñen como principal destino o consumo e a demanda interna de bens e servizos no noso país.

Cremos que o Goberno cede ás esixencias do núcleo máis conservador da Comisión Europea e dos mercados, cuxa actividade especulativa segue provocando que a economía produtiva non se recupere e que os traballadores/as, os pensionistas e xubilados sigan perdendo poder adquisitivo, utilizando as pensións públicas como contraprestación esixida para outros fins alleos ao da súa sustentabilidade  e ó BOE.

como instrumento para conxelar as retribucións dos que dependen directamente das decisións do Goberno como os empregados públicos, pensionistas, desempregados, traballadores que perciben o salario mínimo, perceptores do IPREM, etc., mentres que, pola contra, adóptanse medidas destinadas a subir os prezos de servizos públicos, que tamén están sometidos á súa intervención.

Baste sinalar algúns exemplos de todo iso: desde 2011 os medicamentos incrementaron o seu prezo o 20,9% como consecuencia da exclusión dun número importante de medicamentos do financiamento público;  o transporte público urbán sufriu unha subida do 14,6%; a calefacción, a luz e o auga subiron nestes dous anos máis dun 11,4%, consecuencia en gran medida dos sucesivos “tarifazos” eléctricos.

O camiño ten que ser o de asegurar a calidade de vida da poboación e pór fin ás inxustas políticas de austeridade, como vía para unha saída da crise de maneira democrática e sustentable económica e socialmente.

É polo que, esiximos ao Goberno que rectifique de inmediato e regrese ao marco de diálogo e ó acordo do Pacto de Toledo, pois as medidas adoptadas fóra deste non fixeron senón prexudicar ás persoas máis débiles, sen que actuasen nos verdadeiros retos que ten o sistema de pensións: a necesidade de adoptar medidas de mellora de ingresos, loita contra a fraude fiscal e laboral, facer emerxer a economía mergullada. 
                      
Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo  solicita se someta a votación a presente MOCIÓN, e a adopción dos seguintes ACORDOS:

1.- Rexeitar a reforma imposta á marxe do Pacto de Toledo, na  Lei 23/2013, de 23 de decembro, reguladora do Factor de Sustentabilidade e do Índice de Revalorización do Sistema de Pensións da Seguridade Social, e instar o Goberno da Nación a que a rectifique.

2.- Instar o Goberno da Nación a que volva ao Pacto de Toledo e, neste marco, poña as medidas necesarias para que os pensionistas e xubilados recuperen unha fórmula que garanta o mantemento do poder adquisitivo das pensións públicas, e a sustentabilidade do sistema, unha medida que por xustiza lles corresponde.

3.- Acordar dar traslado da devandita resolución ao Goberno da Nación e ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.