02 mayo 2014

“Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en Arteixo seguímonos preguntando para que vale a dedicación exclusiva do Concelleiro de Medioambiente ante a inactividade deste departamento e denunciamos a aparición doutro vertedoiro ilegal en Oseiro e a falla de coidado nas beirarrúas que unen Pastoriza e Oseiro que están infranqueables coa invasión incontrolada de Cortadeira Selloana (plumeiro da pampa)”

Xa levamos bastante tempo dende a creación da dedicación exclusiva do señor Merelas no departamento de medioambiente e dende o PSdeG-PSOE preguntámonos se sirve de algo este custe económico para os nosos veciños, cun departamento onde a falla de dirección política é absoluta e onde semella que non se desexa traballar polo noso patrimonio medioambiental.

É de esperar que o noso alcalde repense a situación deste departamento e libere deste cargo aos nosos veciños retirándolle a dedicación exclusiva ao señor Merelas, que pode efectuar a súa labor se necesidade de tal repercusión económica que non xustifica.




As actividades contra o noso medioambiente proliferan e dende este departamento non se visualiza ningún tipo de iniciativa que acabe ou minore ditos comportamentos, tanto cando estes son de gran calado como as descargas de clínker ou os vertidos contaminantes ao noso río, como cando son a menor escala como son a continua aparición de vertedoiros incontrolados e a aparición de plantas invasoras que non deixan circular por viais tan importantes como o que une Pastoriza e Oseiro.   

Dende o noso grupo pedímoslle ao Alcalde que tome medidas e limpe o vertedoiro incontrolado que apareceu nestas datas en Oseiro (fotos) e corte e controle a aparición de Cortadeira Selloana (Plumeiro da Pampa) (fotos) que está a facer inaccesible o paso no vial que une Pastoriza e Oseiro. 


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.