29 mayo 2014

PREGUNTAS POLA TALA DE CASTIÑEIROS EN PASTORIZA




Dende o noso grupo seguimos moi preocupados pola inactividade da concellería de Medioambiente que demostra tódolos días a falla de dirección política e non entendemos cal pode ser o motivo da dedicación exclusiva do concelleiro deste departamento ante a situación que estamos a vivir.

Nestas derradeiras datas fumos advertidos pola veciñanza da tala de castiñeiros na parroquia de Pastoriza sen que dende o concello se fixera nada por salvagardar a presenza destas árbores e dende o noso grupo moito nos tememos que se ten feito sen contar coas autorizacións pertinentes para levala a cabo.

Desde o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

¿Son coñecedores dende a Concellería de Medioambiente desta tala levada a cabo na parroquia de Pastoriza, nunha parcela que queda na mesma beira da pista que o Campo de Fútbol e posterior a este?
¿Tiña dita tala as autorizacións pertinentes?
¿Que medidas vai a tomar a Concellería de Medioambiente con esta situación?
¿Faise inspección medioambiental dende o departamento de medioambiente? 



No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.