14 mayo 2014

“A situación da inseguridade cidadá no concello de Arteixo é preocupante e fanse necesarias actuacións urxentes para salvagardar a integridade dos nosos veciños e comerciantes, pensamos que é hora de instalar patrullas fixas de Policia Local na zona norte do concello con sede en Meicende”


Nestas derradeiras datas puidemos observar como o número de roubos e situacións delictivas aumentaba significativamente no noso concello, aínda que o concelleiro de Seguridade Cidadá continúe coa súa campaña de propaganda sobre a impoluta situación de seguridade no noso concello e non teña en conta que tódolos cidadáns de Arteixo somos conscientes da situación de inseguridade que se vive nas nosas rúas.

Dende o Grupo de Goberno do PP, deberíanse de poñer en marcha medidas excepcionais para tratar de salvagardar a integridade dos nosos veciños e moi especialmente dos nosos comerciantes, que xa están a pasar por un momento complicado por motivo da crise e por riba teñen que convivir cos actos vandálicos e os continuos roubos que suceden no noso concello. Tódolos cidadáns son conscientes de certos lugares onde “presuntamente” se levan a cabo actividades ilícitas e vemos como non se fai nada dende as institucións para poñerlles as cousas difíciles a aqueles que non desexan convivir en paz, con educación e con respecto a legalidade.

Tivemos que chegar a denunciar os continuos roubos das colleitas dos veciños de Rañobre e Oseiro, sen atopar aínda solución para eles, e a situación de inseguridade se torna se cabe máis preocupante na zona norte do noso Concello, en parroquias como Oseiro, Pastoriza e sobre todo Meicende son continuos os roubos, como o sucedido no estanco neste derradeira semana e o espectáculo continuo de actividades delictivas coas que teñen que convivir a veciñanza. Por todo elo, volvemos a reclamar que se leve a cabo a idea do PSdeG-PSOE de Arteixo, incluida no programa electoral do 2011, e instalar unha patrulla fixa de Policia Local en Meicende para que vixile a zona norte do Concello e tratar de disuadir así a aqueles delincuentes que están permanentemente nesta zona norte do noso concello.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.