25 junio 2014

Preguntas sobre vial de comuniciación de Meicende co acceso ao Porto Exterior


PREGUNTAS ESCRITAS

        A principio de lexislatura o alcalde Carlos Calvelo recriminou de xeito airado en varias ocasións ao Grupo Municipal Socialista que durante a lexislatura pasada non fixera os trámites oportunos para que se desenrolara o enlace entre as estradas AC-415 en Meicende e a nova AC-15 de Acceso ao Porto Exterior.

        Dende o noso grupo se lle comunicou en varias ocasións, que estaba inxuriando ao anterior grupo de goberno, posto que si se solicitara dito enlace e se mantiveran diversas reunións co Ministerio de Fomento para levar a cabo esta infraestrutura tan importante para eliminar o tráfico pesado das estradas do norte do concello, incluso a unha delas, asistiu o Presidente da AAVV San Xosé Obreiro de Meicende no tempo en que o noso alcalde, Carlos Calvelo, mantiña o cargo de Secretario de dita asociación.

        Dende a chegada do PP ao goberno do Concello, dende o PSdeG-PSOE estamos seguindo de preto as posteriores xestións do PP, xa que aseguraba que o enlace non se facía pola ineficiente xestión do anterior Grupo de Goberno e pola inexistente búsqueda de solucións a este problema por parte do goberno local.

        O PP leva gobernando xa case tanto tempo como gobernou o anterior Grupo de Goberno e as cousas seguen igual, incluso tendo aos gobernos “amigos” do PP na Xunta de Galicia e no Goberno do Estado, e non temos novas sobre o estado desta infraestrutura, as continuas preguntas do Senador Javier Losada ao goberno son contestadas con fuxidas cara adiante sen ningún tipo de compromiso nin xestión para conseguir dito enlace. (Achegamos respostas do goberno a situación da infraestrutura).

        Dende este Grupo temos a impresión de que o Ministerio non va a permitir o enlace e está a enredar con contestacións peregrinas para evitar dicir que non. Mentres  non se contesta o noso concello segue sen darlle resposta a un dos problemas máis graves que ten a parte norte do noso concello
  
        Desde o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

  • ¿Recoñece o alcalde que o anterior goberno tiña solicitado dito enlace na anterior lexislatura?, ¿Cal é a situación do enlace co acceso ao porto exterior de Arteixo?, ¿Cales son as xestións feitas dende o concello?, ¿Cando se permitirá o enlace con dito vial?, ¿Quen levará a cabo dita construción?.







No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.