30 julio 2014

Ana Cedeira (Voceira do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O señor Novo volta a mentir aportando datos falsos a cidadanía sobre a delincuencia e incidentes no noso concello durante as festas”


O PSdeG-PSOE de Arteixo segue estupefacto ao observar, unha vez máis, como o señor Novo falta a verdade cunha facilidade pasmosa e non se pon colorado, cando os propios medios desminten as súas verbas, ao día seguinte das súas declaracións sobre a seguridade durante as festas.

Dende o goberno do PP e máis concretamente dende a Concellería de Seguridade, seguen a tratar de ocultar os graves problemas de seguridade que vivimos no noso concello e mentres observamos como a unha veciña de Arteixo rómpenlle unha botella na cara dende o propio bochinche da festa, podéndolle causar danos irreparables ou asistimos ao roubo dunha tenda de fotografías dunha coñecida rúa comercia do noso concello, o señor Novo prefire seguir alardeando dunha situación de calma e seguridade que non respiramos aqueles que vivimos neste concello e o que é peor mentindo aos cidadáns coas súas declaracións.

Dende o Partido Socialista en Arteixo non entendemos como un incidente tan grave como o denunciado por esta veciña no Campo da Festa pode suceder co despregue de seguridade privada que houbo neste recinto, seguridade privada que non vimos que estivese ligada a ningunha empresa do sector e non sabemos baixo que mecanismos foi contratada, excepto que dita seguridade estivese contratada única e exclusivamente con motivos económicos, para evitar que se accedese ao recinto con bebidas do exterior e non fixese ningún traballo de proporcionar seguridade aos noso cidadáns, ao igual que sucedía por todo o recinto ferial e de barracas que se atopaba en moitas zonas a escuras e sen a presenza policial e da garda civil, mentres esta se congregaba fronte ao acceso do Campo da Festa como se estivesen gardando as portas deste recinto. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.