30 julio 2014

MOCION DE URXENCIA PARA SOLICITAR DA XUNTA DE GALICIA A GRATUIDADE DO PEAJE DOP TRAMO DA AG-55 ENTRE A CORUÑA E ARTEIXO


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Unha vez máis observamos como o goberno do PP na Xunta de Galicia toma o pelo aos cidadáns de Arteixo, despois de ter observado como as obras que se están a levar a cabo nas inmediacións do tramo da AG-55 entre A Coruña e Arteixo, converten este tramo en todo menos nunha vía de alta capacidade, eliminando o dobre carril, tendo que reducir a velocidade dun xeito importante e tendo que soportar largas colas nos seus accesos, ademais de ter que estar soportando tamén as obras da rotonda de Sabón que converten circular por Arteixo nun verdadeiro trauma. Todo isto transcorre sen que a Xunta de Galicia tome as decisións oportunas para facer gratuito este tramo durante o período de obras que estamos a vivir.

Ademais de isto, os cidadáns desta comarca e sobre todo de Arteixo seguen observando como o trato da administración autonómica cara o noso concello en comparación con outros limítrofes en canto a mobilidade é insoportable, tendo que soportar un tráfico moi denso e sen que se tomen as decisións oportunas para liberar este tramo de peaxe, nun trazado de uso laboral e prioritario para os traballadores e traballadoras do noso concello que viaxan dende a gran cidade ata o noso pobo ou ao revés, polo que esperamos que dende a administración autonómica deberían de garantizar esta gratuidade aínda posteriormente as obras que se están a realizar e moito máis se pretende facelo para os que usen o vial de acceso ao porto e non o fixera neste caso.

Ante esta situación só a maioría absoluta do PP no Parlamento Galego que sustenta o goberno da Xunta de Galicia, ten capacidade para facelo posible polo que dependemos da capacidade de interlocución do actual grupo de goberno do señor Calvelo cos responsables da Xunta de Galicia.

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo solicita se someta a votación a presente MOCIÓN, e a adopción do seguinte acordo:

1.-  Instar ao goberno da Xunta de Galicia para que proceda á eliminación deste peaxe durante as obras e que esa gratuidade continúe posteriormente a elas, como sucedeu en outras zonas da nosa comarca onde existían peaxes tamén inxustas e que ben merecen os usuarios deste percorrido que se leve a cabo, podendo deste xeito ademais desconxestionar os outros viais de enlace entre A Coruña e Arteixo que están moi saturados, sobre todo nesta época de verán.

2.- Enviar dito acordo plenario a tódolos Grupos do Parlamento Galego (PP, PSOE, AGE, BNG e Grupo Mixto)  

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.