08 agosto 2014

Luis Vazquez (Concelleiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O PP de Arteixo debe de preocuparse por humanizar e atender aos barrios das nosas parroquias, entre elas paliar o mal estado no que se atopa Oseiro aldea e atender as denuncias dos seus veciños”


O PSdeG-PSOE de Arteixo recibiu as queixas dun grupo de veciños de Oseiro, ante a denuncia que realizaron no concello, por unhas obras que se están a realizar nunha vivenda da rúa do Igrexario de Oseiro, modificando a superficie útil de dita vivenda, posiblemente sen licenza municipal, xa que a obra carece de ningún cartel acreditativo de dita licenza. 

Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo, sabemos que o día 15 de Xullo, é dicir case fai un mes, foi denunciada esta situación, e se solicitaba por parte dos denunciantes, que se comprobaran os feitos reflexados na instancia presentada e pedían que se lles informara da situación da obra, pero os veciños seguen esperando por unha contestación do concello e as obras seguen o seu curso sen que o concello tome iniciativa.

Dende o Grupo Municipal presentaremos hoxe unha solicitude ao departamento de Urbanismo para que nos informen de que está a pasar con esta denuncia e que medidas está a tomar o concello para salvagardar a legalidade do noso territorio.

Así mesmo os veciños deste barrio de Oseiro aldea se mostran moi preocupados polo abandono do seu barrio por parte do goberno local, onde o concello non fai ningún intento de humanización e mellora deste e onde nin tan sequera se lles obriga aos propietarios de fincas e vivendas a manter limpas e coidadas as súas propiedades, como din as ordenanzas municipais e como se debía de preocupar o departamento de medioambiente, ademais de atoparse co pavimento en mal estado e sen ningún tipo de mobiliario urbano que tamén merecen igual que nas rúas peatonais do noso casco urbán.

Dende este barrio tamén denunciaron en varias ocasións, sen que Victor Merelas, o inoperante concelleiro de medioambiente, fixese nada, os continuos vertidos de material para depositar no punto limpo, que están a abandonar ao lado dos contenedores que hai na parte baixa de dito barrio e que están a producir problemas nas rodas dos vehículos dos veciños que circulan nesta zona, ademais é de sobra coñecido por parte dos veciños e das autoridades quen leva a cabo ditos vertidos e dende o concello miran para outro lado, esperamos que a nosa denuncia faga que o concello tome algún tipo de iniciativa para que non se volva a repetir dita situación. 


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.