21 agosto 2014

Martín Seco (SºXeral do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Segundo as derradeiras informacións, Calvelo prefire cociñar, só ou con Fomento, o acceso ferroviario a Langosteira que facelo cos nosos veciños, os socialistas apostamos por ir cóbado con cóbado cos intereses veciñais”




Dende o PSdeG-PSOE estamos moi sorprendidos ao ver as informacións de hoxe nun medio escrito onde o Alcalde Calvelo informa sobre as futuras alegacións do concello de Arteixo e fala xa das preferencias do goberno local, sen ter falado nin respostado á solicitude das oito asociacións e colectivos veciñais que se reuniron en Uxes e pediron unha reunión urxente para unir forzas na dirección a seguir dende o concello ante dito estudio.

Dende o PSdeG-PSOE estamos observando como o noso concello semella que non quere ir da man das asociacións e colectivos veciñais e si da a impresión de ter algún pacto oculto con Fomento e coa Autoridade Portuaria para seguir unha folla de ruta pactada con éstes, resúltalle máis cómodo a relación con estes entes da administración que cos nosos veciños. Dende o noso grupo anunciamos que asistiremos a reunión convocada mañá polos colectivos veciñais e seguiremos da man destes grupos nas súas esixencias, como é desexable en todos aqueles que representamos aos veciños de Arteixo.

Chámanos moito a impresión que dende Fomento se desbote a posibilidade do corredor norte, debido aos intereses urbanísticos da cidade de A Coruña e polo contrario continúen cun trazado moi dañino para os nosos intereses, dende o noso grupo desexaríamos que valorasen tódalas opcións posibles e que o estudio incluíse tódalas medidas correctoras que garanticen a calidade de vida dos afectados e nesa pelexa estaremos, esixindo o mellor dos trazados posibles para o noso territorio, o soterramento da maior parte do trazado ou o uso de tuneladoras e non voladuras no período de obras entre outras cousas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.