29 octubre 2014

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Unha vez máis, poñense de manifesto os problemas na xestión das axudas sociais que facilita o goberno de Calvelo e consideramos insuficientes os trocos na concesión das becas comedor que levan ao pleno de mañán”
Unha vez máis, e por enésima vez esta lexislatura, dende o Grupo Municipal Socialista volvemos a poñer de manifesto os múltiples problemas que xenera a concesión e cobro das axudas sociais que administra o noso concello, como xa dixemos que outras ocasións, dende o principio de lexislatura, o concello debería de articular un procedemento que facilitase o pago dos servizos subvencionados sen necesidade de ter que asumir o importante desembolso que teñen que facer inicialmente algunhas familias, que non poden soportar economicamente dito adianto e polo tanto, teñen que renunciar a estes servizos e ao cobro de ditas subvencións.
Son varios anos, pedindo que se articulen novas fórmulas para a concesión e pago dos servizos subvencionados, pola implantación de bonos ou algún sistema que permita que as familias non teñan que aboar as cuantías inicialmente e vemos como neste pleno o goberno local fai unha pequena variación no cobro do segundo prazo da subvención das axudas ao comedor escolar, adiantando dito cobro de xullo a febreiro, o que pon de manifesto que o goberno coñece o problema denunciado polo noso partido e que pretende mellorar con este adianto, algo completamente insuficiente para paliar os problemas de moitas familias que teñen que soportar o peso da crise nas costas dos seus fillos e que deberían de ter unha alternativa seria por parte da súa administración, sobre todo despois de varios anos recibindo esta denuncia por parte do noso grupo, o que semella que non quere amañar o problema e así evita que moitas familias poidan acudir a cobrar ditas axudas.
Tamén queremos volver a denunciar como ano tras ano, se está a proceder dun xeito incorrecto por parte de servizos sociais, no material escolar que suministran en este departamento á xente sen recursos, material que non responde en moitos casos ao solicitado polos mestres e mestras dos colexios de Arteixo e que segue sendo suministrado en bolsas de Arteixo Solidario, dun xeito completamente insensible cara os usuarios, pedímoslle unha vez máis ao concello e xa van uns cantos anos, que poida facilitar a tódolos veciños con problemas económicos o material solicitado polas mestras e mestres dos nosos centros educativos, por vía dalgún acordo ou convenio coas librerías do noso concello que facilite o sistema e pedirlle ao departamento de Ana Bello que non estigmatice aos usuarios, sendo sensibles no material e no xeito de entregalo as familias que o necesitan.

                                                       

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.