26 noviembre 2014

Martín Seco García (Candidato á alcaldía e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Solicito como candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo que paralicen o proceso de contratación da xestión da piscina municipal e estudien seriamente a proposta dos socialistas de levar a cabo a xestión pública do servizo”



   En dúas reunións previas entre os voceiros dos partidos con representación no concello, dende o grupo de goberno se propuxeron diferentes fórmulas de xestión das piscinas municipais do noso concello, e dende o noso grupo, sempre se pediu a posibilidade de que o grupo de goberno do señor Calvelo, encargase ao departamento de Deportes, un estudio serio, sobre a xestión directa deste servizo municipal.

   Dende o noso grupo recibimos a convocatoria da Xunta de Goberno de mañá, onde se inicia o proceso de contratación deste servizo e non tivemos contestación as nosas inquietudes, polo tanto, como candidato do PSdeG-PSOE de Arteixo á alcadía de Arteixo e voceiro do noso grupo, solicito do grupo de goberno do PP que paralice dita convocatoria e leve a cabo dito estudio solicitado polo noso grupo, tendo en conta que as instalacións renovadas tocará xestionalas na vindeira lexislatura e dende o noso grupo cremos nunha xestión directa dende o noso municipio.

   Xestión que debería de ser en favor dos propios usuarios e veciñ@s de Arteixo que recibirían os frutos dos beneficios que se conseguisen nesta xestión e que redundarían na calidade desta, ademais de poder ter máis calidade no emprego daqueles que o prestan para as empresas subcontratadas e poder crear unha bolsa de traballo para cubrir as necesidades de dita instalación.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.