19 noviembre 2014

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Despois de denunciar onte a falla de supervisión e control das obras que se fan no concello, hoxe poñemos de manifesto como seguen tapados con asfalto, os rexistros dos viais de Oseiro asfaltados, despois de case dous anos”


O espectáculo lamentable que estamos a vivir estos días, ante a falla de supervisión e control das obras que se realizan no noso concello continúa, se onte denunciábamos como as obras de traída e saneamento do núcleo de Rañobre eran un auténtico desastre e como os veciños denunciaban que se fixeran mal os entronques do saneamento, había tuberías sen saída e incluso uniran fecais con pluviais, o fin de semana e onte producíronse continuas roturas na nova tubería da traída, todo isto, unha vez asfaltados os viais. 

Hoxe queremos denunciar un tema, que xa denunciamos no seu día  e que todavía non se lle deu solución. Cando o concello procedeu a levar a cabo o asfaltado dos viais de Oseiro, fai case dous anos, a empresa contratada tapou tamén os rexistros de ditas vías con asfalto e unha vez que os veciños denunciaron o problema, alguén veu a localizalos e marcalos cun spray, para posteriormente esquecerse deles e perder unha vez máis a súa referencia polos efectos do tempo e a chuvia. 

A día de hoxe descoñecemos se a obra foi recepcionada e preguntaremos por elo, o que si sabemos e que a día de hoxe seguen tapados con asfalto ditos rexistros sen que no concello fixesen nada por solucionalo, cando se denunciou por parte deste concelleiro.

Resulta esencial que dende o concello supervisemos e controlemos as obras que se fan no noso territorio, xa que debemos ser moi escrupulosos cos cartos de tódolos veciños e como son utilizados polos seus representantes, polo que pediremos que nos informen da situación de dita obra e se foi recepcionada en esas condicións pola nosa administración.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.