21 noviembre 2014

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “A ineficacia do grupo de goberno do señor Calvelo, refléxase en Pastoriza, cunha fuga de auga na rúa Bordeiras denunciada e marcada sen solución, dende xa fai máis dun mes e observando a única iniciativa ante os graves problemas de seguridade vial na rúa Jacques Costeau, que consiste nunha placa de “zona 30” instalada nunha farola, dunha das direccións de tránsito ”




Estes días estamos observando a total ineficacia na xestión do goberno do PP do señor Calvelo ante os problemas que ocorren no noso concello, e iso que conta cun elevado remanente, un elevado presuposto e unha maioría absoluta que sen dúbida non está sabendo utilizar pola incapacidade política do seu grupo. Hoxe queremos denunciar como o servizo de augas, tan publicitado polos nosos gobernantes, ten sen atender unha fuga na rúa Bordeiras do núcleo de Pastoriza, aínda que fora sinalado cun spray por dito servizo, fai xa máis dun mes, ante a denuncia veciñal. Os veciños se preguntan que sucederá para que a auga siga a correr día tras día sen que se tomen medidas para solucionalo.

O que semella máis preocupante é que ante as continuas denuncias dos veciños da rúa Jacques Costeau pola inseguridade vial que teñen que sufrir en dita rúa, polo tránsito de vehículos a gran velocidade, dende o concello o único que fixeran ata o momento é instalar unha pequena placa de “zona 30”, nun dos sentidos de tránsito de dita rúa e polo tanto deixando aos veciños nunha situación de inseguridade permanente.

Dende o grupo socialista nos preguntamos para que serve ter as contas saneadas e unha maioría absoluta no noso concello se despois no son capaces de xestionala en beneficio dos nosos veciños, iso si, seguiremos preocupados en desenrolos urbanísticos, altos salarios para dirixentes e persoal de confianza e gastos en publicidade, mentres o pobo adoece de emprego, seguridade e servizos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.