06 noviembre 2014

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O goberno local debe facer un esforzo para acabar coa delincuencia que padecemos día tras día no noso concello”


Son moitos os cidadáns que se achegan a nós para denunciarnos a situación de inseguridade que están a sufrir ante os continuos roubos e situacións de violencia que suceden no noso concello. Roubos nos comercios, roubos nos coches aparcados nas nosas rúas, vaciados de depósitos dos nosos vehículos, atracos, casos de ameazas aos nosos menores, trapicheos en lugares recoñecidos por todos, o que fai necesario que o goberno local tome iniciativa contra esta situación que só intenta agochar ante a incredulidade dos que vivimos neste concello.

Son case diarios os roubos aos coches aparcados no entorno da Praza das Viñas que nos denuncian os veciños e os atracos e roubos nos comercios fan que os propietarios sintan medo pola súa situación, tamén están a aparecer casos de acoso por parte de certos xóvenes en determinadas zonas do noso concello que fai necesario a implicación do noso concello para que mediante os corpos de seguridade e os servizos sociais acaben con este problema que lle están a causar a moitos nenos do noso concello.

Dende o Goberno Local esperemos que se tomen as medidas pertinentes en contacto cos corpos de seguridade do estado para facer de Arteixo un lugar seguro e tranquilo onde vivir e criar aos nosos fillos e non siga a ocultar unha triste realidade que nos acompaña dende fai tempo e que resulta imposible de tapar ante os ollos dos nosos veciños.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.