Dende o Grupo Municipal Socialista vemos como sorprendentemente despois de ter asistido a múltiples demoras para a remodelación nas obras do parque infantil do Centro Cívico de Arteixo, non se incluiu ningunha partida para a instalación de iluminación, co que no período invernal, moi extenso no noso territorio, teremos que ver como a partir de media tarde (fotos tomadas ás 18:30) os nosos rapaces non poderán utilizar ditas instalacións. Esperamos e desexamos que dende o grupo de goberno se poña solución rápida a mal planificación que fixeron desta obra para que os máis xóvenes poidan utilizar estas instalacións.
Por outra banda queremos poñer de manifesto os continuos problemas de incomodidade e inseguridade que causa a proximidade das instalacións infantís co parque biosaludable desta zona e solicitamos do grupo de goberno que aumente o parque infantil cara esta zona e traslade o parque biosaludable cara outro lugar onde o poidan utilizar os nosos veciños sen problemas.


No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.