24 enero 2015

Martín Seco García (Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo): “A nosa promesa de descentralizar e dotar de servizos aos diferentes núcleos, refléxase no compromiso adquirido onte coa Asociación o Grilo de Pastoriza, para construír un espazo polideportivo con campo de fútbol nesta parroquia”


O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco, mantivo unha reunión coa Asociación Socio-Cultural “O Grilo” de Pastoriza para analizar a situación desta parroquia e escoitar as necesidades da veciñanza que vive nela, ademais de explicar os eixes do proxecto que está a desenrolar o Partido Socialista cara as eleccións do mes de Maio.

Despois dunha lexislatura perdida para a parroquia de Pastoriza, na que o Partido Popular desperdiciou a posibilidade de dotar de mellores servizos a unha parroquia que tivera unha forte inversión na lexislatura pasada cun goberno socialista, vemos que volven a prometer aquelas cousas, que non foron capaces de executar en catro anos de maioría absoluta, infraestruturas que antes ligaban ao aprobación do Plan Xeral e que agora xa non, poñendo en evidencia que fai catro anos lle estaban mentindo aos veciños e que poderían ter desenrolado a compra e construción do Campo de Fútbol se fose esa a súa decisión política.

A necesidade de servizos para os máis pequenos, como un novo parque infantil na zona das Bordeiras ou a Choupana, dotar de funcionalidade á biblioteca e Centro Social de Barrionovo, construír ou conveniar coa Xunta o uso dunha pista polideportiva, dotar de servizos para os maiores como un centro de día, a redacción dun novo plan de seguridade vial, algo preocupante nesta parroquia, a construción de sendas peonís, o coidado e desenrolo turístico de zonas como o parque forestal do Monticaño, a Romería de San Miguel, o Santuario da Virxe de Pastoriza ou o Castro, esenciais para o futuro desta parroquia, así como trazar un plan de inversións en barrios como o Quinto Pinto ou a Furoca especialmente maltratados pola rede de infraestruturas, foron temas tratados nesta reunión.


O noso candidato falou de temas de vital importancia no seu proxecto como son a transparencia e a participación cidadá, nas que promete ser un exemplo se chega ao goberno, a necesidade de trocar os sistemas de xeración de emprego do noso concello, cun importante incremento do número de parados nesta lexislatura e aintrodución de novos mecanismos de protección social que fagan imposible que ningún veciño pase necesidade, ademais de comprometerse a traballar por un novo plan de transporte metropolitano na nosa comarca que faga posible a mobilidade dos nosos cidadáns, temas de vital importancia para o noso grupo.

O candidato socialista comprometeuse cos veciños de Pastoriza a facer realidade o desenrolo dunha macro zona deportiva con Campo de Fútbol nesta parroquia se sae elixido alcalde.

Martín Seco e o resto dos compañeiros do Partido Socialista asistentes adquiriron o compromiso de volver a reunirse con esta asociación e máis veciños e entidades de Pastoriza para explicar os nosos compromisos cara as eleccións de Maio.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.