25 febrero 2015

Martín Seco García (Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo): “Despois de catro anos de goberno en maioría absoluta e recibindo en herdanza, unha millonaria inversión na lexislatura anterior, o alcalde Calvelo foi incapaz de conseguir que os veciños de Larín gocen de saneamento para as súas vivendas”

Os representantes da Asociación de Veciños de Larín reunidos co candidato do PSdeG-PSOE de Arteixo, Martín Seco, para falar dos problemas e necesidades desta parroquia, puxeron de manifesto a súa sensación de desprezo e abandono por parte dos dirixentes do noso concello, nunha parroquia onde seguen esperando por servizos básicos como o saneamento, despois de catro anos de goberno do PP en maioría absoluta e despois de que recibiran en herdanza unha inversión millonaria do anterior goberno que realizara o groso da obra de saneamento en dita parroquia.

A falla na planificación e control nas obras, feitas sen respectar a actividade diaria dos veciños e o estreitamento das pistas desta parroquia que converten a circulación viaria nun perigo constante, fai necesario que se poña en marcha unha reforma destes viais para permitir unha circulación fluída do tráfico e que esta sexa segura para viandantes e condutores.

Dende o Partido Socialista consideramos esenciais que se desenrolen as sendas peonís necesarias para os veciños desta parroquia, entre lugares como Coque e o Igrexario, no Areal ou de Anide ao Campo de Golf, ademais de acondicionar viais como o que conecta Anide con Loureda ou o que conecta Larín co Foxo, para desconxestionar outros utilizados actualmente.


“O Partido Socialista en Arteixo considera prioritario, poñer en funcionamento un sistema de transporte interparroquial que faga posible a conexión entre parroquias como Larín e o núcleo de Arteixo, para que a veciñanza, completamente incomunicada actualmente, poida cumprir coas súas obrigas persoais e facer as súas compras semanais” .


Outras cuestións, como a mellora da iluminación, a instalación de paneis informativos en tódolos barrios, a posta en funcionamento dun material común entre parroquias para desenrolar actividades lúdicas e festivas foron temas tratados na reunión de onte.

Dende a Asociación de Veciños tratouse a posibilidade cubrir o campo da festa, para poder realizar as súas actividades ao cuberto, infraestrutura a estudar e valorar por parte do Partido Socialista no caso de chegar ao goberno municipal.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.