26 febrero 2015

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Esiximos do Grupo de Goberno do PP, que renuncie a instalación dun cagadero de cans nas obras que está a realizar no parque entre a Igrexia e o Pabillón de Meicende ”


       
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, despois de recibir as múltiples queixas dos veciños que viven pegados ás obras que se están a realizar entre a Igrexa e o Pabillón de Meicende, preocupados pola instalación dun cagadero de cans, que estaría a escasos metros das súas terrazas e a poucos metros do parque infantil que existe nese lugar, esixe do Grupo de Goberno que renuncie a esta instalación nese lugar.

Dende O PSdeG-PSOE de Arteixo non entendemos como se pode pensar nunha instalación desas, tan preto das vivendas e da zona de xogo dos nosos veciños máis xóvenes, tanto pola insalubridade da infraestrutura como pola perigosidade dos cans tan preto da rapazada deste núcleo.

Animamos ao Grupo de Goberno do PP, a que pense noutro lugar para dita infraestrutura, como pode ser novo paseo que se vai a realizar polos terreos de ALCOA, onde non molestaría a ningunha vivenda, nin sería perigoso para os nenos deste núcleo.


Esperamos que a nosa reivindicación e a dos veciños sexa recollida polo goberno e non execute dita instalación.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.