24 abril 2015

Martín Seco aposta por implantar un servizo de trasporte interparroquial e mellorar a axuda á domicilio para os maiores

O portavoz socialista comprométese a crear unha rede pública
de centros de día en tódalas parroquias


O grupo municipal do PSOE de Arteixo reuniuse estes días coa asociación de pensionistas e xubilados do municipio, donde puideron intercambiar impresións sobre as necesidades e demandas deste colectivo.
Neste encontro, o portavoz socialista, Martín Seco, amosou o seu compromiso de levar a cabo políticas activas para os maiores do concello de Arteixo, implementando actividades en tódalas parroquias, e ir desenrolando, paulatinamente, unha rede de centros de día, incluído o prometido na Unidade de Actuación 49, que o PP paralizou en Freán e que o PSOE asegura que porá en marcha.
En contra da aposta do PP polos centros privados, incluindo na súa lista como número tres á xerente do único centro de día de xestión privada do concello (en Vilarrodís), Martín Seco amósase convencido de que a asistencia pública é a máis axeitada tanto na atención como no aspecto económico.
Así mesmo, o candidato á Alcaldía sinalau a súa preocupación por garantir a capacidade adquisitiva dos pensionistas e para isto propón medidas como eliminar o copago e implantar un servizo sanitario eficiente e ben dotado de medios e persoal.
Para Martín Seco é imprescindible a creación do servizo de transporte interparroquial para que os cidadáns de tódolos núcleos de Arteixo, sobre todo os máis maiores, poidan desprazarse, polo menos, unha vez á semana ao centro para ir ao médico, á farmacia ou a facer as súas compras ou outros servizos.

Outro dos compromisos que lles transmitiu o candidato socialista foi a mellora do transporte adaptado, e do servizo de axuda á domicilio, así como a construcción de sendas peonís e parques, dotados con infraestruturas para os maiores de Arteixo.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.