23 abril 2015

Martín Seco demanda unha maior aposta do Concello pola banda municipal de música

O portavoz socialista propón mellorar a colaboración para
garantir o desenvolvemento da súa actividade


O grupo municipal socialista de Arteixo mantivo unha reunión co presidente da Banda Municipal de Música, Pedro Castro. Un encontro onde o voceiro socialista, Martín Seco, puido escoitar a situación na que se atopa a formación musical do municipio de mán do seu responsable
Despois desta conversa, os socialistas consideran que á banda de música do concello de Arteixo non se lle está dando a proxección que merece e que a súa calidade artística e didáctica está desaproveitada, e apostan por darlle a volta a esta situación.
A proposta que se fai dende o grupo do PSOE é a de mellorar o grado de colaboración co Concello para dotala de melloras que garantan un máis axeitado desenvolvemento da súa actividade.

Así mesmo, Martín Seco ve moi necesario que se vincule en maior medida o funcionamento da banda á Escola Municipal de Música, con vistas a mellorar o seu desenrolo. Entenden os socialistas que dende o goberno municipal se debe levar a cabo unha política de promoción musical, de impuso a estes músicos locais, e fomentar o labor da banda cun programa que lle dea estabilidad profesional.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.