19 junio 2015

Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal Socialista en Arteixo): “O noso pobo perde actividade industrial mentres Concello e Xunta miran para outro lado ”


Dende o Grupo Municipal Socialista estamos profundamente preocupados pola completa inactividade e falla de ideas en materia de política industrial dos gobernos do PP en Arteixo e na Xunta de Galicia.

Cada día asistimos a un novo peche dalgunha das empresas do noso polígono industrial en Sabón e a falla de implantación de actividade no Porto de Punta Langosteira e no futuro Polígono Industrial de Morás. Estos días pasados SAPA anunciou o peche da súa planta en Sabón e ao mesmo tempo Repsol pechaba a súa planta no mesmo polígono do noso concello. A pregunta do Partido Socialista é cal vai a ser o noso futuro do noso concello se o desemprego segue medrando e a implantación industrial desaparece, con todo o que esto conleva para a nosa actividade económica.

Dende o PSdeG-PSOE esiximos á Xunta de Galicia, que poña en funcionamento un plan especial para reactivar a actividade industrial e o emprego no noso concello e que poña en funcionamento tódolos resortes para evitar que a planta de perfiles de aluminio deixe de ter actividade, coa xestión desta ou doutra empresa. Por outra banda resulta inaprazable que o noso concello teña un estudio serio da situación da actividade industrial do noso concello e se poña en funcionamento un Plan para buscar as iniciativas a desenrolar para reactivar o noso texido industrial e favorecer a chegada de novas empresas ao noso concello.

      

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.