27 junio 2015

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O PSdeG-PSOE aposta pola participación dos cidadáns e dos grupos políticos nesta novo mandato no Concello”

No día de hoxe, na reunión de Voceiros do Concello de Arteixo, o PSdeG-PSOE presentou a súa proposta para a futura organización do concello, baseada no fomento da participación dos cidadáns e de tódolos grupos políticos, despois da invitación do alcalde a unha lexislatura de diálogo e transparencia.

Nesta proposta se inclúe a recuperación dos plenos ordinarios ás 20:00 da tarde, a presenza dos grupos da oposición na Xunta de Goberno Local e na Mesa de Contratación, a configuración das comisións de traballo entorno as catro grandes áreas que presentou o propio alcalde nos medios de comunicación, urbanismo, Obras, Asuntos Económicos e Benestar Social. Aínda que non estamos de acordo con este organigrama porque cremos que o goberno municipal segue dando moi pouca importancia institucional a Servizos Sociais e Emprego que seguen nun segundo plano, moi por debaixo da importancia real e a problemática que ten este concello.

Por outra banda se lle fixo chegar unha rebaixa das dietas por asistencia a ditos órganos ata os 150 euros/asistencia, a aceptación de ata un máximo de 5 dedicacións exclusivas (4 por área e a do propio alcalde) e ata un máximo de 2 persoas de confianza e a creación da asignación por grupo político para poder afrontar os gastos dos grupos municipais de 400 euros por grupo e 20 por concelleiro.

Dende o noso grupo invitamos ao noso alcalde a abrir unha Comisión de Traballo sobre a participación e transparencia municipal, para negociar unha modificación no Regulamento de Participación Cidadá e no ROM, para favorecer a participación cidadá, volver a reabrir a radio municipal con máis e mellor programación e unha reforma da web municipal, para incluír toda a información, actas e proxectos do noso concello.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.