10 julio 2015

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Ante a desfeita do parque da Cega de Meicende o grupo de goberno do PP debería de convocar unha reunión informativa cos veciños para coñecer as preocupacións destes e trazar solucións”





Dende o Grupo Municipal Socialista estamos recibindo múltiples queixas da “irrematable” obra realizada no Parque da Cega de Meicende por parte do grupo de goberno do Partido Popular, unha obra que está deixando en peor estado o parque de como se atopaba anteriormente. 


Bótase en falla que o grupo de goberno de Carlos Calvelo faga o mesmo que coa rúa Ferrol e convoque aos veciños usuarios deste parque, para coñecer as súas preocupacións e poder arranxalos problemas que desta derivan, nunha obra que semella irrematable e que se contaba que estivese realizada en mes e medio. 


Comezamos cun parque para cans proxectado nun lugar pouco oportuno, para logo deixar esa zona completamente abandonada, pero o peor é que están a converter este lugar nun auténtico perigo para os vehículos que circulan por un pavimento deslizante, un perigo para a xente maior que xa sufriu caídas nun pavimento pouco apto para o tránsito en mollado, con varandas perigosas para os nenos, adoquín na zona de xogo dos nenos, bancos e bordillos das zonas verdes cheos de aristas, e unha colocación do mobiliario urbano que ninguén entende e favorece os accidentes na zona de xogo dos nosos menores, ademais de poñer uns bancos sen respaldo que semella que agora comezan a modificar e o uso de madeira de pino que comeza a romper nalgúns deles. Ademais de permitir a existencia dunha vivenda abandonada e chea de sucidade e un furado ao seu carón que semella de moito perigo para un neno que puidera caer nel. 


Os veciños están asustados dos bandazos da dirección de obra e os propios albaneis están cansos de soportar as múltiples críticas derivadas dunha mala planificación, dunha mala dirección de obra e unha inexistente inspección municipal,o grupo de goberno que conta cun arquitecto e un aparellador e tres arquitectos superiores en nómina debería tomar cartas no asunto e solicitarlle a dirección de obra a modificación destes perigos e solucións para a falla de estética coa que están deixando este parque ademais de volver a incidir na falla de respecto e promoción das zonas verdes e as árbores que ten este goberno

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.