04 julio 2015

Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O goberno de Calvelo está convertindo ao noso pobo nun cementerio de cemento sen árbores”.


Son xa varias as ocasións nas que dende o PSdeG-PSOE denunciamos a continua eliminación das árbores e das zonas verdes do noso municipio dende a chegada ao goberno de Carlos Calvelo. Este gusto polo cemento e o formigón do goberno municipal faise extensible as novas obras e infraestruturas municipais que se desenrolan co goberno do Partido Popular que semella que lle debe de ter alerxia ao campo, as prantas e as árbores.

No día de onte vivimos a eliminación de dúas árbores emblemáticas da Praza do Balneario, dous auténticas xoias da nosa xeografía que poderían pasar dos cen anos, como dicía un ancián de 75 anos que recordaba vir de xoven a coller froito dunha delas.





O aspecto que ten o seu tronco, fai presaxiar que se atopaban en bó estado e debe mediar outro motivo para a súa tala, o que está claro e que a estética de dita praza está a sufrir un forte deterioro e o respecto polas árbores deste goberno é nulo.










Dende o Grupo Municipal pediremos explicacións por dita tala, para tratar de coñecer cal é o motivo de tal desfeita e facerlle chegar ao grupo de goberno que un pobo tamén se compón de prantas e árbores que nalgún caso como este chegan a ser auténticos monumentos para un pobo.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.