12 agosto 2015

Preguntas por la situación de la prometida regularización de los núcleos tradicionales de la nueva ley de costas hecha por Carlos Calvelo al puerto de Suevos, Valcovo, Barrañán y Sorrizo.

Ante a preocupación manifesta dos veciños do Portiño de Suevos pola inminente amenaza de derribo das súas propiedades e despois de ter escoitado durante toda a lexislatura pasada as promesas do alcalde Calvelo, chega o momento de que conteste as preguntas pola situación deste e os outro nucleos que prometeu legalizar e se non tivo o visto bo do Ministerio debe dar as explicacións de porque foi así, de porque ten paralizado o Plan Xeral dende Maio de 2011 e que camiño vai a seguir agora para intentar solucionar o problema dos veciños do Porto de Suevos.


O pasado 1 de xullo cumpríronse os dous anos previstos na Disposición transitoria primeira da Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da lei 22/1988, do 28 de xuño de costas. Este era o prazo establecido na mencionada disposición transitoria a fin de que por parte dos concellos se puidera instar a que o réxime previsto na Disposición transitoria terceira, apartado 3, da mencionada Lei de costas se aplicara os núcleos ou áreas que a entrada en vigor da Lei 2/2013, non estiveran clasificadas como solo urbano pero que cumpriran os requisitos previstos nos apartados 1.a e 1.b na Disposición transitoria primeira. 

O Concello de Arteixo díxolles aos veciños do Porto de Suevos e tamén aos veciños de Valcovo, Barrañán ou Sorrizo que esta lei permitiría regularizar a situación de dos seus núcleos tradicionais de Galicia afectados pola Lei de costas anterior.

Dende o Grupo Municipal Socialista temos a sensación de que o Concello de Arteixo non tramitou a legalización destes núcleos ou se foi tramitada, non debeu de ter unha contestación positiva por parte do Ministerio, ademais temos a sensación de que non se cumprían os requisitos para dita legalización e tampouco se desenrolou o Plan Xeral de Ordenación Municipal que recibiu o Concello para aprobación inicial en Abril de 2011 e do que foi paralizado en Maio de 2011, coa chegada do actual goberno municipal, cando estaba mandado a informar pola anterior alcaldesa, dita aprobación podería ter sido de gran axuda para conseguir a regularización destes núcleos. 

Ante o exposto, o noso Grupo Municipal desexa preguntarlle ao Alcalde do Concello de Arteixo:

¿Solicitou o Concello de Arteixo a regularización dalgún núcleo do noso concello baixo esta modificación lexislativa?,

- ¿Cales foron os núcleos para os que foi solicitada?

- ¿Cal foi a contestación do Ministerio?

- ¿Podería ter sido de utilidade a aprobación do Plan Xeral para dito cometido?,

- ¿Por que paralizaron o desenrolo do Plan Xeral en Maio de 2011?

- ¿Que pensan facer se foi denegada a regularización por parte do Ministerio?



No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.