07 diciembre 2015

“O Grupo de Goberno do PP de Arteixo está plagado de incompetentes, que nin tan sequera saben xestionar o uso da megafonía da Avd do Balneario e atender as queixas da veciñanza polo volume e horario durante toda a fin de semana”



O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicitou do Grupo de Goberno que axudase aos comerciantes de Arteixo na dinamización das festas de Nadal, e que o fixera en tódolos lugares comerciais do concello, ademais fixemos nosa a solicitude dun comerciante da rúa peonil de Arteixo que solicitaba que se utilizase a megafonía de dita rúa para dinamizar as datas importantes comercialmente falando, como estas de Nadal que estamos preto de celebrar.
A día de hoxe, resulta lamentable ver como o concello só iluminou a zona da Avd do Balneario e ten outras zonas comerciais completamente abandonadas, aínda está a tempo o goberno local de trocar esta situación, así como a utilización de máis medios para fomentar o comercio no noso concello nestas datas.
O que resulta lamentable é a falla absoluta de sentido común e a incompetencia baixo a que estamos gobernados os arteixáns, xa que, despois de escoitar a solicitude deste comerciante que nós canalizamos, resulta que poñen a megafonía con panxoliñas a un volume demasiado alto e ata a 1:30 da mañá, molestando aos veciños da zona, que por riba non atopan contestación e o que é máis grave, non atopan solución, dende o concello durante a fin de semana.
Agora xa entendo que non puxeran a megafonía e que renuncien a organizar dende as súas concellerías ningún tipo de actividade, xa que o grado de incompetencia é insultante, por parte daqueles que gozan de multitude de dedicacións exclusivas e asesores para logo non saber xestionar nin tan sequera o funcionamento dunha megafonía.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.