12 diciembre 2015

Rogo polo mal estado do Pabellón de Galán



No Grupo Municipal Socialista, vimos recibindo continuas queixas dos usuarios do Pabillón de Galán, un espazo utilizado por moitos veciños que se atopan cun lugar sucio, con goteiras que causan accidentes, con deficiencias nos vestiarios, nos cales non se dan ni pechado as portas, problemas coa auga quente e co marcador avariado dende fai dous anos.

Dende o noso grupo cremos que antes de falar da  creación doutro tipo de infraestruturas deportivas, deberíamos de facer un esforzo por mantelas existentes en condicións axeitadas, polo que ROGAMOS ao goberno local que presuposte para este 2016 a solución dos problemas de limpeza, as goteiras, as deficiencias nos vestiarios e a reparación do marcador electrónico.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.