12 enero 2016

O PP de Calvelo non presenta ningunha proposta para a primeira convocatoria do programa europeo EIDUS, no que podía obter ata 5 millóns de euros


Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O PP de Calvelo non presenta ningunha proposta para a primeira convocatoria do programa europeo de ESTRATEGIAS INTEGRADAS DE DESARROLLO URBANO SOSTENIBLE, no que podía obter ata 5 millóns de euros de subvención e agora só poderá presentalas a unha próxima convocatoria no que só estarán o 30% dos fondos

Mentres observamos como os concellos de máis de 20.000 habitantes como Culleredo ou Ames participan no programa europeo de ESTRATEGIAS INTEGRADAS DE DESARROLLO URBANO SOSTENIBLE, polo que se poden recibir ata 5 millóns de euros de subvención en actuacións nas que exista unha estratexia integrada ou plan estratéxico de carácter xeral que sirva de marco de referencia territorial e sectorial para a propia definición, desenrolo e avaliación de tales actuacións.

Nun concello como o noso onde se poderían redactar multitude de actuacións a realizar baixo este tipo de paraugas europeo, o noso goberno máis preocupado de outro tipo de cuestións, con 7 dedicacións exclusivas e 4 persoas en cargos de confianza, carece da capacidade de xestión necesaria para levar a cabo a dirección dun proxecto atractivo polo que participar nunha liña de axudas que tratan de financiar actuacións determinadas incluídas nunha estratexias integrada no entorno do noso concello.

Os concellos ou agrupacións destes teñen ata o día 13 para enviar as súas propostas e o concello de Arteixo non ten convocado ningún órgano para aprobar este tipo de solicitude que teña coñecemento o Grupo Municipal Socialista e temos que ter en conta que se sacarán a concurso uns 700 millóns de euros, o 70% da cuantía total, solo reservando un 30%, é dicir, uns 300 millóns de euros para unha segunda convocatoria que aínda non ten data.

O noso Grupo preguntará no Pleno pola incapacidade do noso concello de tratar de concursar neste tipo de axudas europeas e tira á basura a posibilidade de acceder a 5 millóns de euros de subvención para actuacións importantes para o noso concello.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.