09 enero 2016

Os socialistas preguntámonos se non terían máis posibilidades de colocar a pasarela peonil sen esnaquizar o merendero do Seixedo

O Grupo Municipal Socialista visitou as obras de colocación da antiga pasarela peonil do Seixedo, obras que están a visualizar a desfeita da estética dun merendero como o do Seixedo, un lugar de esparexemento moi popular entre a nosa veciñanza, que está cheo de usuarios en canto as condicións meteorolóxicas permiten o seu uso.

Nunha pasarela millonaria, que xa se construíu no seu día coa escusa de que estaba preparada para futuras ampliacións da rotonda e no que agora se volven a gastar miles de euros para cambiala de localización cara o parque do Seixedo, e conseguen rachar polo medio o merendero e invadilo pola infraestrutura de subida cara a pasarela.

Dende o Grupo Municipal Socialista preguntámonos se non poderían tela instalado nunha situación menos lastimosa estética e funcionalmente para o merendero e solicitamos e farémolo vía Rogo municipal no Pleno deste mes que paralicen esta obra para situala nun lugar mellor para os intereses dos usuarios do parque do Seixedo, un dos máis populares e utilizados polos nosos veciños. 
    

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.