O Grupo Municipal Socialista espera que o Grupo de Goberno de Carlos Calvelo cumpra o prometido na campaña electoral aos veciños de Figueiroa, e neste presuposto para 2016 que aínda esperamos inclúa unha inversión para acondicionar e instalar unha zona de lecer, na praza (3) que xurdiu trala demolición dunha antiga edificación que existía neste barrio, xa que segundo nos comentan algún dos veciños do entorno o propio alcalde prometeu deixala acondicionada e instalar algún xogo para os máis pequenos.
Por outra banda e continuando co proceso de creación de sendas seguras para os peóns, sería desexable que o concello proxectase beirarrúas dende a Avd de Figueiroa ata a aldea (1), xa que a inseguridade vial que sofren os que circulan por esta vía é importante e o esforzo por evitar algún accidente resulta inexcusable.
Ademais facemos un chamamento ao servizo de medioambiente do concello para que limpe correctamente a vía de acceso (2) a nova praza dende a Avd de Figueiroa, que non quedou correctamente.

No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.