23 febrero 2016

“O Grupo Municipal Socialista apremia ao Grupo de Goberno do PP a ofertar o curso básico de manipulador de produtos fitosanitarios, ante a gran demanda existente entre os nosos cidadáns”



O Grupo Municipal Socialista preguntoulle ao Grupo de Goberno do PP, na comisión de Asuntos do Pleno de onte, pola solicitude de máis de un centenar de veciños para poder realizar o curso básico de manipulador de produtos fitosanitarios  no noso concello, ante a falla de planificación da Xunta de Galicia para poder impartir dito, necesario dende o 25 de Novembro, data a partir da cal só se lle venderán produtos fitosanitarios para uso profesional aos titulares de dito carné, por cumprimento do real decreto 1311/2012 feito por transposición da directiva 2009/128/CE do Parlamento Europeo.

Dende o Grupo Municipal Socialista presentamos un rogo para o pleno deste mes de Febreiro porque entendemos que o Concello de Arteixo debe esixirlle a Xunta de Galicia, que programe para o ano 2016 un plan especial e específico, de xeito inmediato que dea resposta á demanda de tódolos/as alumnos/as que queiran acceder a formación precisa para obter o carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico e adapte ese plan ás necesidades e especificidades dos/as alumnos/as facilitando o máximo permitido o acceso a dita formación.

Mentres tanto e sen demora, o Grupo Socialista pediulle ao Grupo de Goberno do PP, que faga como concellos como Brión, que oferta o curso dende as súas instalacións municipais, contratando cunha empresa especializada e homologada dita realización, aberta para tódolos cidadáns e priorizando a praza aos veciños do seu concello, ademais solicitamos, se os técnicos municipais o consideran viable, que o concello subvencione parte do custo da realización de dito curso, que en lugares como Brión ten un custo de 60 euros.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.