12 febrero 2016

O Concello de Arteixo e a Consellería de Educación debe tomar medidas urxentes no CEIP Ponte dos Brozos, no que as goteiras están inutilizando aulas


Unha vez máis a Xunta de Galicia chega tarde para evitar os problemas dun dos colexios con máis alumnos de toda a xeografía galega, supoño que a espera de que unha vez máis o concello faga as inversións que a administración galega lles nega aos rapaces arteixáns. Despois de que se anunciaran algunhas obras a realizar en dito colexio por medio dun convenio entre Xunta de Galicia e Concello de Arteixo, o outro día se denunciaba a situación do ximnasio, cunha cuberta en mal estado e o pavillón deportivo que aínda está pendente de amañar.
Do que tamén é coñecedor o goberno local e a Consellería de Educación e dunha situación máis grave aínda, a existencia de filtracións de auga que están a facer imposible o desenrolo normal dalgunhas clases de educación primaria e tamén están a inutilizar pasillos e despachos de dito centro. Ademais esta aparición de goteiras por zonas onde circula a instalación eléctrica fan que se poidan producir situacións de inseguridade para os usuarios de dito centro.
Dende o Grupo Municipal Socialista esiximos ao Grupo de Goberno do PP en Arteixo que actúe inmediatamente para corrixir esta situación e demande urxentemente a inversión necesaria á Xunta de Galicia para ter un dos centros educativos con máis alumnos e con máis de 30 anos nun estado óptimo para o uso e a educación da nosa infancia.

Martín Seco García
Secretario xeral

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.