17 marzo 2016

“Un ano máis o capítulo de persoal incumpre as leis do estado en materia orzamentaria, sen que o goberno local actúe ante os informes negativos da Técnica de Persoal, a Interventora Municipal e o voto en contra de tódolos representantes dos traballadores na Mesa Xeral do Concello”


Dende o  Grupo Municipal Socialista levamos tempo denunciando a posible ilegalidade do Capítulo de Persoal nos derradeiros anos de goberno, dende a chegada de Carlos Calvelo á Alcaldía de Arteixo, mentres o resto dos concellos adaptábanse as unha normativa estatal moi ríxida con respecto a creación de prazas e aos incrementos salariais, en Arteixo tapábamos os ollos e facíamos caso omiso das recomendacións do Ministro Montoro.

Neste Concello xustificouse en anos anteriores, a imperiosa necesidade de crear unha praza de Vicesecretaría Xeral do Concello, para convertela ao ano seguinte nunha praza de Coordinador de Asuntos Xerais e neste ano convertela nunha praza de Viceintervención, e polo camiño, non sabemos como se xustificou, que deixasen de ser imperiosamente necesarias as prazas que se consideraron antes imprescindibles, neste concello municipalizouse a traballadores dunha empresa privada, reclasificouse a persoal, funcionarizouse, saíron prazas a concurso, etc... mentres nos concellos veciños están afogados por non poder repoñer a persoal básico para o seu funcionamento. Dende o Grupo Municipal Socialista preguntámonos que ten de diferente o noso concello e por que as administracións galega e estatal permite una situación anómala, será que actúa diferente segundo a cor do goberno.

Neste ano, o capítulo de persoal ten informe negativo por parte da Técnica de Persoal e da Interventora Municipal e voto negativo de toda a mesa xeral de traballadores do Concello, derivado do incumprimento da lei, aumentando en máis dun 1% o gasto de persoal e a suba irregular dun só traballador técnico sen a VPT preceptiva, valoración que volven a deixar a remollo. Ademais cremos, que unha vez máis vólvese a incumprir a lei, coa creación de novas prazas, que deberían de cumprir certos requisitos, un deles o cumprimento da estabilidade financiera do exercicio anterior e do actual, un principio incumprido no ano 2015, que tivemos un déficit de case 7 millóns de euros, cuestión que fixo que  tódolos grupos da oposición pedíramos un informe a Interventora Municipal para que aclare esta situación.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.