17 marzo 2016

“O goberno de Carlos Calvelo infla sen xustificar os ingresos do Concello de Arteixo no Orzamento de 2016, para logo bloquear partidas por valor de 1.500.000 euros por incumprir o Plan Económico - Financieiro durante os anos 2014/5”



Dende o  Grupo Municipal Socialista, levamos varios anos, advertindo dos incumprimentos do noso Concello das leis do estado en relación á estabilidade orzamentaria, que fai que o noso concello teña unha advertencia grave do Ministerio de Economía sobre esta situación, debido a que aínda que fixemos un documento para cumprir coa estabilidade, no ano 2014 tivemos un déficit dun millón de euros e de preto de 7 millóns no 2015, o que leva a Interventora a bloquear partidas por un valor de 1,5 millóns de euros e a prohibir a utilización de remanente durante este ano 2016, algo que pode ser insuficiente, se non conseguimos os ingresos que temos previstos e que baixo a nosa interpretación, son de dubidosa consecución, o que nos levaría unha vez máis a estar en inestabilidade.

Dende o Grupo Municipal Socialista, estamos sorprendidos da importante subida nos ingresos municipais ata o 30.500.000 euros, cando no presuposto de 2015 se prevían ingresos por valor de 29.570.000 euros e se recadarán, segundo a liquidación de 2015, un total de 28.979.000 euros, é dicir, case que 600.000 euros menos do previsto.

O ano pasado xustificouse cun informe de obras a realizar no 2015, unha subida nos ingresos do ICIO ata os 2.300.000 euros e a realidade di, que as obras non se elevaron a cabo na súa maior parte, e se recadaron preto de 1.000.000 euros, é dicir, 1.300.000 euros menos. Este ano nin tan sequera o grupo de goberno aportou este informe para xustificar novamente 1.900.000 euros de ingresos en ICIO e xunto a caída do ingreso en Plusvalía pola nova bonificación, non entendemos como pode observarse unha subida na recadación de 1.500.000 de euros con respecto ao ingresado realmente no ano pasado, e como podemos pasar a recadar 1.200.000 euros máis en IBI´s e 400.000 euros máis en IAE. 

Dende os grupo socialista, entendemos que a elaboración dun presuposto e os seus ingresos debe seguir o principio de prudencia e non incluír ingresos de dubidosa chegada no exercicio orzamentario, polo que solicitamos da Interventora Municipal que pida un informe que xustifique esa subida en ingresos por ICIO.    

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.