21 abril 2016

“O goberno de Carlos Calvelo recibiu unha comunicación da Xunta de Galicia, por unha falla moi grave, ante o incumprimento sistemático da estabilidade orzamentaria durante todo o mandato pasado, incluíndo o Plan Económico Financiero para o 2014/15, no que lonxe de cumprir, aumentamos a inestabilidade”




Dende o  Grupo Municipal Socialista levamos varios anos advertindo dos incumprimentos do noso Concello das leis do estado en relación á estabilidade orzamentaria, que fai que o noso concello teña unha advertencia cualificada como “ moi grave” por parte da Xunta de Galicia, debido a que aínda que fixemos un Plan Económico Financiero para cumprir coa estabilidade nos anos 2014 e 2015, no ano 2014 tivemos un déficit dun millón de euros e de preto de 7 millóns no 2015, o que levou a Interventora a bloquear partidas por un valor de 1,5 millóns de euros e a prohibir a utilización de remanente durante este ano 2016, algo que resulta insuficiente por ser menor as incorporacións de remanente que terán lugar neste 2014 e se non conseguimos os ingresos que temos previstos e que baixo a nosa interpretación son de dubidosa consecución.

Non sabemos cales van a ser as accións que levará a cabo a Xunta de Galicia ante esta situación e das que fala no documento remitido, posto que o envío advertindo da gravidade, foi previo a coñecer a liquidación do exercicio 2015 e saber do déficit de case 7 millóns de euros que resulta deste orzamento, no que curiosamente se celebraron eleccións locais e non se vixilou o gasto municipal.

Por todo isto, presentamos preguntas á Consellería responsable para saber cal é o futuro que nos espera e o grado de seriedade da administración autonómica co noso concello.





No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.