01 junio 2016

O PP de Arteixo debe explicar por qué se lle están pagando decenas de miles de euros en facturas eléctricas á empresa que xestiona a piscina municipal

A falla de seriedade do PP coas contas de tod@s comeza a ser preocupante. Dende o Grupo Socialista atopámonos que, incumprindo o contrato asinado coa empresa concesionaria da piscina municipal, a nosa administración (é dicir, tódolos/as veciños/as) estamos pagando as facturas de enerxía eléctrica de dita infraestrutura municipal, algo que segundo o prego de condicións de dita concesión pagaría a empresa concesionaria. E non estamos a falar de cuestións menores, xa que estas facturas poderían rondar os 100.000 euros anuais.

Dende o Grupo de Goberno do PP deben dar explicacións de como fixeron xa dúas importantes inversións en infraestrutura eléctrica nesa zona e seguimos a pagar unhas facturas que non nos corresponden, e que supoñen unha importante cuantía nunha partida anual que debe estar case que gastada e que non se pode suplementar pola situación de inestabilidade na que nos situou este goberno local.

Esperamos, e así o solicitaremos no pleno municipal de Xuño, que o goberno de Carlos Calvelo normalice a situación e recupere os cartos que dende o concello levamos gastados en facturas eléctricas que debe pagar a empresa concesionaria que xestiona  a piscina.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.